Receita de Calabacín recheo

| Publicado por | Categorías: Receitas

 

Calabacín recheo de atún:

Ingredientes:

  • Dous bos calabacíns
  • 250 gramos de atún
  • 150 gramos de tomate frito
  • Unha cebola
  • Tres dentes de allo
  • Aceite de oliva virxen
  • Sal
  • Pementa moída
  • Queixo relado

 

Preparación:

Antes de nada vamos a prender o forno para que se prequente mentras preparamos a receita, e o facemos a 180ºC. A continuación lavamos ben os calabacíns por fora, cun trapo húmedo ou ben baixo o grifo. Secamos e cortamos de forma lonxitudinal, para que nos queden dúas metades dun tamaño similar. Engrasamos cun pouco de aceite de oliva unha fonte apta para o forno e cando alcance a temperatura desexada metemos a bandexa cos calabacíns cortados e deixaremos uns 25-30 minutos, con coidado de que non se queimen.

Cando pase o tempo e os calabacíns ablandasen o suficiente, deixamos que se enfríen un pouco e con coidado sacamos a pulpa, axudándonos cunha culler e cun coitelo ben afiado. É importante non romper a pel, xa que debemos deixala con unha boa consistencia para poder encher máis adeiante, así que non quites demasiada pulpa para que non queden buracos nen se rompa durante o proceso. Unha vez saquemos toda a pulpa, a troceamos ben.

Ao rematar pelamos e picamos en trozos non moi grandes a cebola e os dentes de allo, que máis adiante empregaremos para preparar o recheo. Tamén abrimos as latas de atún e as deixamos escorrir ben para que o aceite sobrante se escorra e quede únicamente o atún. Con estes ingredientes e a pulpa que tiñamos troceada antes, preparamos xa o recheoo para os nosos calabacíns. Poñemos a calor medio unha sartén ampla cun chorro de aceite de oliva virxen, e poñemos a sofreír a cebola e os allos, cun pouco de sal por riba, e removendo de vez en cando.

Cando se poche un pouco, agregamos a pulpa dos calabacíns xa picada e mantemos outros 5-6 minutos para que se cociñe ben. O siguinte que faremos será votar na sartén o atún y vamos a cociñar un 5-6 minutos. Engadimos por último o tomate frito, que puede ser caseiro ou comprado, e cociñamos a calor medio un 5 minutos máis. Ao rematar enchemos con esta mezcla as peles dos calabacíns, que colocaremos nunha fonte que sexa apta para forno. Por riba poñemos queixo para fundir e metémolos a unha temperatura de 180ºC durante uns 25-30 minutos, despois servimos en quente.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]