Obradoiro de Zumes Naturais na Praza da Verdura

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

 Sabores da nosa Praza da Verdura en zumes e batidos naturais

Despois do éxito acadado co obradoiro de Ensaladas para Nenos, moitos foron os que se achegaron no día onte a participar no Obradoiro de Zumes Naturais.

Na nosa intención de seguir dando a coñecer a Praza da Verdura de Vilagarcía e achegar á xente a que nos coñeza decidimos seguir por zumes para nenos. Na época que estamos de verán os nenos, e maiores tamén, necesitan hidratarse máis xa que pasan máis horas xogando e correndo ao aire libre.

Moitos nenos non coñecen o que é o sabor dos legumes e da froita natural xa que só se decantan por marcas coñecidas xa envasadas que moitas veces é dudosa a súa composición natural.

Así que nesta ocasión decidimos facer un obradoiro de zumes e batidos para que todos poidan ver o sencillo que é preparar algo refrescante totalmente natural. O obradoiro foi dirixido por monitoras de tempo libre da asociación As Titiriteiras de Ribadumia.

Estes obradoiros da Praza da Verdura realizanse de forma gratuíta para todos os asistentes.

Era moi emotivo ver na xornada de onte a cara dos mais pequenos, caras que nos indicaban que lles gustara o zume natural e que seguro que lle van pedir a seus pais para as merendas. Para as vendedoras da Praza é unha gran motivación ver que os pequenos lles gusta e saber que aprenden a alimentarse de forma natural.

Os productos utilizados neste obradoiro de zumes foron donados polas vendedoras da asociación da Praza da Verdura.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]