Receita de Lacón con Grelos

| Publicado por | Categorías: Receitas

Receita de Lacón con Grelos en ola rápida:

  • 1 Lacón pequeno
  • 8-12 patacas medianas
  • 4 manoxos de grelos
  • 4 chourizos
  • Unto salgado
  • Sal

Preparación do Lacón con Grelos

Primeiro ponse a cocer nunha ola express o lacón previamente remollado, cortado en talladas dunos 4 cm de grosor xunto cos chourizos aproximadamente 20 minutos.
Despois pasado ese tempo, abrimos a ola, sacamos o lacón e os chourizos xa cocidos e os reservamos nunha cazola aparte cobertos con parte do seu caldo.

Co resto do caldo de cocer o lacón e os chourizos poremos a cocer (novamente na ola a presión durante uns 10 minutos ) os grelos, previamente lavados e cortados en trozos grandes, xunto coas patacas mondadas e enteiras e un trozo xeneroso de unto salgado.

Unha vez cocidos os grelos e as patacas, servimos nunha fonte acompañados do lacón e os chourizos.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]