A Praza da Verdura de Vilagarcía xa está na rede.

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

Na Praza da Verdura de Vilagarcía estamonos renovando e movendo cos novos tempos que corren.

Non podemos negar que as redes sociais e a internet é o escaparate e futuro para tódolos negocios, empresas e asociacións. Unha forma máis doada de achegarse as persoas, facerse ver e oir.

Por este motivo as integrantes da “Asociación de Vendedoras de Productos Hortícolas da Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa” quixemos ocupar tamén o noso espazo nesto de internet. Este mes de Septembro inauguramos unha nova páxina web prazaverdura.com en onde poderás coñecer a labor das vendedoras e labradoras do Salnés que cultivan os productos que se venden na Praza da Verdura.

Tamén poderás ver os productos que vendemos na Praza de Abastos de Vilagarcía, as nosas leiras e cultivos que con tanto cariño coidamos xa que son o noso traballo e sustento do día a día.

A intención principal desta páxina prazaverdura.com tamén é dar a ver os eventos que estamos a organizar. Xa van alá dous no mes de agosto un “Obradoiro de Zumes e Batidos” e un “Obradoiro de Ensaladas e alimentación saudable”.

Obradoiro de Zumes e Batidos organizado pola Praza da Verdura

Obradoiro de Zumes e Batidos organizado pola Praza da Verdura

Estade atentos as nosas novas da web e dende a Asociación animámosvos a seguirnos nas redes sociais (Facebook, Twitter, Linkedin, Google +) porque a cousa non vai parar ahí.

Moitas veces a xente que ven pola Praza da Verdura e se achega aos nosos postos, coméntanos que xa está aburrida de comer sempre o mesmo e que non sabe que facer. Para isto creamos unha sección de receitas onde iremos añadindo periódicamente algunha receita tanto moderna como tradicional con producto de temporada que poderás atopar na Praza de Abastos de Vilagarcía de Arousa.

 

Cestas con hortalizas das nosas terras cultivadas polas labradoras e vendedoras da Asociación

Cestas con hortalizas das nosas terras cultivadas polas labradoras e vendedoras da Asociación

Ahh … e se non queredes esperar na praza para facer a compra a nova páxina web tamén terá unha sección de cestas, na que podes reservar a que necesites.

No seguinte día hábil da Praza da Verdura poderás pasar a recollela cesta e pagala evitando así quedar sen as hortalizas, legumes, froitas, ou o que necesites.

Queremos dar a coñecer e facilitar as túas compras na Praza de Vilagarcía de Arousa.

Achégate calquer martes ou sábado á Praza da Verdura e coñece en persoa as integrantes da asosiación e os productos de temporada frescos e sabrosos que che ofrecemos.

Ahhh… Tamén podes pedirnos consellos e receitas sobre que facer cos nosos productos, as vendedoras da Praza estaremos encantadas de darchos.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]