¿Frío? Quen dixo frío se temos Grelos frescos na Praza da Verdura

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

Coa chegada do outono cambia a nosa alimentación por completo. Atrás quedan os pratos fríos para dar lugar a pratos quentiños.

Pratos cociñados con verduras, hortalizas e legumes de temporada e con todo o sabor único da nosa terra.

Hai pouco tempo comezou o frío pero xa se fai notar nos nosos corpos. Coa chegada deste tempo comezan a aparecer na Praza da Verdura de Vilagarcía uns grelos fresquiños e sabrosos.

O grelo é unha verdura tradicional en Galiza que está cheo de beneficios para a nosa saúde.

As labradoras da Asociación da Praza da Verdura de Vilagarcía sementan, coidan e recollen con o maior coidado este preciado tesouro que nace nas terras do Salnés.

Beneficios que nos aportan os grelos frescos que podemos atopar na Praza de Abastos de Vilagarcía:

Os grelos da Praza da Verdura de Vilagarcía van directos da terra á Praza sen cámaras frigoríficas

Os grelos da Praza da Verdura de Vilagarcía van directos da terra á Praza sen cámaras frigoríficas

  • Son ricos en vitamina K: esta vitamina axuda ao noso organismo a coagular correctamente o sangue e tamén a manter os ósos fortes sobre todo nas persoas maiores.
  • Conteñen vitamina A: a vitamina A favorece boa vista, regula o PH da pel e tamén axuda a formación e mentemento saudable dos dentes.
  • Aporta Vitamina B9 ou tamén coñecido como ácido fólico: esta vitamina é esencial para o crecemento e o sistema nervioso. Por este motivo as embarazadas e lactantes aconsellaselles tomar un suplemento de ácido fólico
  • Alto contido en fibra que axuda ao noso sistema dixestivo a eliminar as impurezas do noso corpo e regula o sistema circulatorio.
  • Baixas calorías: se alguén pensa que os grelos engordan están moi equivocados porque ten un baixo porcentaxe de calorías.

 

Formas de consumir os grelos frescos:

Moitas hortalizas e verduras perden sabor co paso dos días por iso na Praza da Verdura podes atopar producto fresco, fresco.

Moitas hortalizas e verduras perden sabor co paso dos días por iso na Praza da Verdura podes atopar producto fresco, fresco.

Cando falamos de grelos a todo o mundo lle ven á cabeza o típico “Lacón con Grelos” co seu chouriciño e a pataca cocida. Pero os grelos poden ser consumidos de moitas máis formas. ¿Probaches alguna vez unha tortilla de grelos? Pois non sabes o que te perdes. Estate atento ás novas da Web porque en breve poderás ver a receita completa da tortilla de grelos.

Pasa este martes ou este sábado a polos teus grelos na Praza da Verdura de Vilagarcía. Se non tes claro que facer de comer ou cear deixa que te aconsellen as vendedoras que de seguro teñen na súa cabeza unha receta tradicional para que comas producto local fresco e con todo o sabor.

 

Pásate pola Praza da Verdura de Vilagarcía ou contáctanos a través do e-mail hola@prazaverdura.com. Para facer as túas compras máis rápidas tamén temos formatos estándar de cestas con diferentes productos que podes reservar a través da nosa páxina web.

Deixate aconsellar polas vendedoras da Praza de Vilagarcía de Arousa.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]