Tortilla de Grelos

| Publicado por | Categorías: Receitas

Agora que coñecemos todos os beneficios que os grelos nos aportan á nosa saúde vamos a probar o ricos que están cociñados.

Hoxe receta de Tortilla de Grelos fresquiños que podes atopar na Praza da Verdura de Vilagarcia. Un prato sabroso, rápido e sinxelo de facer para calquer momento do día con productos frescos cultivados polas propias vendedoras da Praza.

Tortilla con grelos frescos

  • 5 ovos
  • 1 kg de patacas
  • Aceite de oliva
  • Sal ao gusto
  • Grelos frescos (peso 700 gramos aprox.)
  • 1 chourizo galego

Elaboración:

Primeiro pelamos as patacas e cortamoas como máis nos guste. Hai persoas que lles gusta en cadrados, outras en láminas, outras de formas irregulares. Fritímolas nunha tixola grande para non desfacelas moito ao remexer.

 

Despois as apartamos as patacas ben escurridas nun bol grande no que xa se encontran batidos os ovos. No bol deben caber as patacas, os grelos e os chourizos.

Deixamos repousar as patacas cos ovos batidos mentres cocemos os grelos co chourizo.

Unha vez cocidos escurrimolos ben e cortámolos o máis fino que poidamos para que se mezclen ben coas patacas na tortilla.

Cortamos tamén o chourizo en anacos pequenos e pasamolo pola sarten sen aceite para que saque a súa propia salsa e grasiña.

Metemos os grelos e os chourizos no bol coas patacas e cos ovos e remexemos ben.

Cando se atopan ben mezclados pasamos á sartén xa medio quente. O tempo depende de como che guste a tortilla, se che gusta co ovo medio crú cuns 4 minutos estará lista.

Senon só terás que esperar un pouco máis cada un ten o seu truco.  Se queres podes engadirlle tamén cogumelos ou queixo ¡¡Vas ver que rica che queda!!

Hoxe en día existen grelos en conserva pero como a tortilla con grelos naturais non vas a probar en ningún lugar.

Grelos sementados na terra dunha das vendedoras da Asociación da Praza da Verdura de Vilagarcia de Arousa

Grelos sementados na terra dunha das vendedoras da Asociación da Praza da Verdura de Vilagarcia de Arousa

Achégate á Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa e consegue os mellores grelos  frescos e con sabor da terra ou fai as túas reservas a través do e-mail hola@prazaverdura.com

As vendedoras pódente asesorar tamén de outras moitas recetas con grelos, porque comer saudable e rico non ten que ser aburrido.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]