Día Mundial das Froitas e Verduras

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

O pasado 14 de outubro foi o Día Mundial das Froitas e as Verduras. Como ocorre con moitos acontecementos hai que poñer unha data para recordalos porque son novidade.

Por desgraza comer froita, verduras e legumes tamén é unha novidade. Segundo varios estudos hai persoas que non comen ningunha clase de verdura, hortaliza ou froita durante o día e moi poucas chegan a comer a cantidade de 5 ao día.

O máis preocupante é que os nenos herdan os hábitos dos maiores e tamén lles parece algo normal non incluir estos productos na súa alimentación.

Debemos aprender aos nenos a comer saudable, na Praza da Verdura de Vilagarcía axudámosche

Debemos aprender aos nenos a comer saudable, na Praza da Verdura de Vilagarcía axudámosche

Dende a Asociación non queremos que comer froita e verdura sexa unha moda pasaxeira e que se faga un só día ao ano. As costumes e alimentación dos máis pequenos comeza na casa, axúdaos a crecer de forma saudable.

Hai que comer 5 verduras ó día para unha dieta equilibrada

Si estamos seguros que todos sabemos a teoría, pero… ¿cantos a levamos á práctica?.

Sorprendenos moitas veces escoitas a persoas que veñen á Praza da Verdura cando nos din que non veñen moito a mercar á Praza de Abastos porque na súa casa non lles gusta o “verde” (nin verduras, nin legumes, nin hortalizas, nin froita).

Esto fainos pensar que estamos nunha sociedade que preferimos curar que previr as enfermidades. Cando nos doe a barriga por exemplo o médico danos unha pastilla e despois dinnos que comamos mais verdura e productos con fibra. Consello que nos acorda mentras nos doe pero non perdura no tempo.

Previr mellor que curar

Unha alimentación saudable fainos máis inmunes aos resfriados, alerxias, dores de cabeza,...

Unha alimentación saudable fainos máis inmunes aos resfriados, alerxias, dores de cabeza,…

Comer 5 verduras ó día é moito máis doado do que pensas. Non tes que comer cousas que non che gustan como poder ser o máis común: brócoli, puerro, espinacas, …

As labradoras da Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa sabemos por experiencia que existen moitas clases de verduras, legumes e hortalizas diferentes durante todo o ano.

No mes de outubro que nos atopamos por exemplo na Praza da Verdura de temporada poderás atopar: Acelga, allo, alcachofa, berenxena, calabacín, cabaza, setas, grelos, cebolas, lombarda, coliflor, escarola, verdura redonda, verdura lorena, repolos de corón, espinacas, fabas, xudía, leituga, pepinos, pementos, puerros, remolacha, cenoiras, tomates, patacas, … E de froitas: caquis, granadas, limóns, mandarinas, mazás, peras, kiwis, ….

Non me digades que non tedes variedade para comer e que non vos gusta nada. Tedes verduras e legumes frescas para facer comidas quentes como purés e sopas, ou comidas frias como ensaladas, zumes, macedonias, …

Atrévete a probar o doado que é comer saudable e verás como o teu corpo cho agradece. Podes comer 5 verduras ó día de forma variada sen aburrirte.

Fai a proba e comeza a comer saudable dende hoxe. Ven á Praza da Verdura de Vilagarcía e deixate aconsellar por nos, as labradoras.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]