Estofado de Legumes e Verduras

| Publicado por | Categorías: Receitas

Ainda que o sol non nos abandonou de todo o frío faise notar pola tarde – noite. Así que o mellor é combatilo con ceas saudables, quentes e cheas de vitaminas e fibra para combater as gripes, catarros e mocos habituais desta época.

Esta receita además de comer rico e saudable vaiche compensar no peto, xa que as verduras, hortalizas e legumes utilizadas son todas de temporadas.

Estofado de temporada con productos frescos das vendedoras da Praza da Verdura:

Lista de ingredientes:
• 300 gr de garavanzos xa cocidos
• 300 gr de xudía branca xa cocida
• 300 gr de lentellas xa cocidas
• 400 g de cabaza
• 2 puerros
• 1 cebola
• 2 dentes de allo
• 1 cenoira
• 2 tomates
• 1 folla de loureiro
• 1 cucharadiña de pimentón vermello doce
• 1,5 l de caldo de polo, verduras ou auga mineral
• Aceite de Oliva Extra Virxe
• Sal e pementa

Verduras, hortalizas e legumes frescas a diario na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa

Verduras, hortalizas e legumes frescas a diario na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa

Elaboración:

Escurrimos as legumes (xudías, lentellas e garavanzos), pasámolas por auga fría e reservamos.

Cortamos a cebola en xuliana, picamos os allos, pelamos e cortamos en rodas as cenoiras e os puerros, e cortamos a dados os tomates.

Nunha ola facemos o sofrito co aceite de oliva virxe, para iso incorporamos a cebola, a cenoira, os allos e os tomates.Deixamos caramelizar todo e rectificamos de sal ata que xá esté feito. Unha vez que comprobamos que as hortalizas están cocidas pasámolas pola batidora.

Engadimos neste sofrito o pementón vermello doce e deixamos cociñar un par de minutos máis e introducimos as legumes. A continuación, mollamos con caldo de polo o auga mineral, engadimos a cabaza e a folla de loureiro, e esperamos a que ferva.

Deixamos ferver a lume lento uns 25 minutos e rectificamos o sal ao final, se fose necesario.

 

A min xa me meteu envexa esta receita, un estofado quente con verduras e legumes de temporada. Achégate e ven a coñecer todos os productos que che podemos ofrecer as vendedoras da Praza da Verdura. 

Se non tes moito tempo para facer as compras podes facer a reserva dos teus productos a través do e-mail hola@prazaverdura.com  e pasar a recoller a túa cesta xa preparada pola praza  da verdura, calquer martes ou sábado.

 

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]