Chulas de cabaza

| Publicado por | Categorías: Receitas

Un postre doce que gusta a pequenos e maiores, con productos da Praza da Verdura.

Invita aos nenos a que te acompañen a mercar a cabaza na Praza da Verdura de Vilagarcía  para despois che axuden a facela receita xa que é moi sinxela

Ingredientes:

  • 250 g de puré de cabaza
  • 2 ovos
  • 30 g de azucre
  • 1 pouquiño de canela
  • 50 g de fariña
  • 1/4 cucharadiña de levadura química
  • aceite de xirasol para fritir
Pídelle axuda aos nenos para facer un postre saudable e moi rico con cabaza

Pídelle axuda aos nenos para facer un postre saudable e moi rico con cabaza

Elaboración das chulas:

Se inda non vaciamos a cabaza aconséllovos que primeiro a cozades uns 5 minutos, xa que cando está medio cocida solta menos auga e o sabor é mais intenso.

Unha vez teñamos os 250 gramos de puré (xa sexa a cabaza cocida ou crúa) mesturamos o puré cos ovos xa batidos, o azucre e a canela. Despois engadimos a fariña tamizada xunto coa levadura e removemos pouco a pouco (preferiblemente cun garfo) para conseguir que a mezcla dos productos se faga completamente sen grumos e sen aire no interior.

Deixamos repousar esa mezcla durante media hora tapada nun lugar fresco.

Cando xa pasou o tempo a masa aseméllase a una pasta espesa como unha crema pasteleira, devemos removela un pouco e xa está lista.

Agora só debemos coller pequenas porcións de masa con unha culler ou coa man e pasalas polo aceite de xirasol ben quente. Debemos mantelas no aceite ata que estén ben doradas polos dous lados.

Cando están listas sacámolas e pasámolas por un papel absorvente para quitar o exceso de aceite que vai soltar e non queden tan pringosas.

Se queremos podemos espolvorear un pouco de azucre misturado con canela por riba.

Existen diferentes tipos de cabazas con diferentes texturas e sabores. Achégate á Praza da Verdura

Existen diferentes tipos de cabazas con diferentes texturas e sabores. Achégate á Praza da Verdura

As chulas están boas de calquer xeito pero quentes… son unha delicia.

Achégate á Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa e consegue a túa cabaza para decorar, cociñar e desfrutar. Podes facer as túas reservas a través do e-mail hola@prazaverdura.com

As vendedoras e labradoras da Praza de Vilagarcía pódente asesorar tamén de outras moitas receitas con cabaza, porque comer saudable e rico non ten que ser aburrido.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]