Outono, frío e magosto na Praza da Verdura

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

Falar de outono é falar de castañas nas rúas e casas de Vilagarcía.

Cando o frío se deixa notar a mediados de outubro xa empezamos a cheirar polas rúas das cidades e dos pobos as castañas asadas. E que pensar no outono sen imaxinar castañas non sería lóxico.

A castaña é un froito de temporada que comeza a verse nas prazas de abastos dende finais de setembro ata case as navidades.

Asadores de castañas pola rúa son as imaxes mais habituais que vemos nestes dias

Asadores de castañas pola rúa son as imaxes mais habituais que vemos nestes dias

Como non na Praza da Verdura de Vilagarcía xa temos frescas e ricas castañas que poder mercar.

As labradoras da Praza de Vilagarcía ano tras ano recollen e escollen con coidado as mellores castañas para vender nos seus postos da Praza da Verdura. Este é o xeito de proporcionar ao cliente un producto fresco, con sabor e calidade.

A castaña é un alimento que se pode comer de moitas formas e por iso gusta tanto a pequenos como a maiores. Podese comer crúa, cocida, asada, en purés, en compota, glaseadas,  como guarnición, … incluso se pode facer fariña con ela. ¡¡Non me digades que a castaña non ten posibilidades infinitas!!.

Hai moitos mitos sobre que que as castañas engordan pero iso é mentira. As castañas teñen un baixo nivel calórico,  moitos hidratos de carbono que fan que teñamos máis enerxía e un alto contido en fibra polo que nos axuda a facer as dixestións e disminúe o estreñimento. Eso sí recomendase que o consumo en crú non sexa moi elevado porque faría pesadas as dixestión.

Ademáis teñen magnesio, ferro, potasio que axuda a disminuir as dores de cabeza, controla a retención de líquidos, evita a hipertensión e actúa de antiinflamatorio nos problemas vasculares. Tamén está recomendada nas dietas de adelgazamento xa que contén proteínas e ten efecto saciante.

Pero todo isto, son só as propiedades físicas que nos aportan as castañas, pero … e as propiedades sociais?

O Magosto en Galicia é algo mais que comer castañas

Outono, magosto e castañas en Vilagarcía de Arousa na Praza da Verdura

Outono, magosto e castañas en Vilagarcía de Arousa na Praza da Verdura

Dende tempos remotos en Galicia o tempo das castañas ten unha gran transcendencia social.  A celebración do magosto, unha festividade que reúne a maiores e pequenos ao pé dunha fogata, cociña, asador, … ou o que teñamos máis cerca. Nestas reunións xuntábase a xente dos pobos para desconectar e evadirse por uns momentos do traballo do campo: falar, xogar, descansar, … mentres comían e asaban as castañas. Hoxe en día esta tradición séguese mantendo pero só para os nenos.

Pero os maiores tamén desfrutamos das castañas xuntándonos na casa de familiares ou amigos e buscamos a forma de asar as castañas: cociñas de ferro, lareiras, fornos e incluso … microondas.

Pásate pola Praza da Verdura de Vilagarcía ou contáctanos a través do e-mail hola@prazaverdura.com. Para facer as túas compras máis rápidas tamén temos formatos estándar de cestas con diferentes productos que podes reservar a través da nosa páxina web.

 

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]