Pudin de Castañas, receita doce de outono

| Publicado por | Categorías: Receitas

Este postre a base de castañas é un postre de temporada moi fácil de preparar, ademáis ten moi poucas calorías e aporta un extra de enerxía ao teu día de forma rica e saborosa.

Pudin con caramelo e castañas: Postre de temporada na Praza da Verdura

Ingredientes:

  • ½ kilo de castañas
  • 6 ovos grandes
  • ½ litro de nata líquida
  • 350 gramos de azucre
  • Sal ao gusto
As mellores castañas escollidas polas vendedoras da Praza da Verdura de Vilagarcia de Arousa

As mellores castañas escollidas polas vendedoras da Praza da Verdura de Vilagarcia de Arousa

Elaboración:

Primeiro debemos pelar as castañas e poñelas a cocer nunha ola con auga e sal a ferver.

Cando as castañas estén brandiñas sacámolas e poñémolas a escurrir. Apartamos algunhas (9 ou 10) para decorar ao final.

Despois poñemos nunha tixola 200 gramos de azucre a lume lento para facer o caramelo (se preferides tamén podedes usar o que xa ven feito). Este caramelo porémolo no fondo do molde no que vamos a facer o pudin.

O resto das castañas cocidas metémolas nun bol xunto cos ovos batidos, 150 gramos de azucre e a nata líquida. Trituramos todo ben coa batidora ata que apareza unha crema sen trozos grandes.

No molde primeiro botamos o caramelo líquido, despois as castañas apartadas cortadas en trozos nen moi pequenos nen moi grandes. E como final por riba vertemos a crema que acabamos de facer.

Metemos o molde ao baño maría no formo prequentado a uns 180º C e deixamolo uns 40-45 minutos. Como cada forno é un mundo recomendovos que de vez en cando lle botedes un ollo. Para saber que está ben feito utilizaremos algo para pinchalo (mondadentes, pau de pinchos, garfo, …) e se sae limpo entón xa está ben feito por dentro.

Deixamolo enfriar a temperatura ambente e despois un consello para que o caramelo se despegue do molde é metelo poste uns 5-10 minutos na neveira.

E así de simple listo para comer un postre nutritivo, saudable e caseiro ao 100% con ingredientes que podes atopar na Praza da Verdura de Vilagarcía.

As castañas están boas de calquer forma. Mercaas na Praza da Verdura

As castañas están boas de calquer forma. Mercaas na Praza da Verdura

Deixate aconsellar polas nosas praceiras do Mercado de Vilagarcía sobre os productos de temporada e as receitas máis saborosas que podes facer con eles.

Se queres contactar connosco podes facelos visitándonos os martes e sábados na Praza da Verdura ou a través do seguinte e-mail hola@prazaverdura.com

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]