Verduras, hortalizas e legumes: Remedios da natureza

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

As persoas que temos a posibilidade de comer hortalizas, froitas e verduras frescas non nos damos conta da sorte que temos.

Unha dieta variedad e equilibrada con productos naturais aportan todas as vitaminas e minerais que o noso corpo necesita para afrontar moitas das enfermidades que podemos padecer ao longo da nosa vida.

A que non sabías que consumir vexetais de cor verde como: acelga, espinaca, verdura, leituga, … axúdanche a controlar o peso. Estes vexetais pola sua cor están cheos de clorofila. A clorofila axuda a manter o teu sistema inmunolóxico en forma para combater moitos virus e bacterias.

As hortalizas, verduras e legumes case non conteñen calorias polo que son apropiados nas dietas de control de peso, e como teñen un efecto saciante sentirás menos fame con pouca cantidade de comida.

As verduras e hortalizas de cor verde tamén conteñen un alto contido en magnesio e potasio que axudan ao sistema cardiovascular e muscular. Non aportan graxas ao corpo senon que incluso as chegan a limpar diminuindo o colesterol. O potasio axuda a evitar os calambres nos músculos e o insomnio.

¿Precisas mais razóns para mercar na Praza da Verdura?

Productos con sabor

Productos de temporada co sabor do clima e das hortas do Salnés na Praza de Vilagarcía

Productos de temporada co sabor do clima e das hortas do Salnés na Praza de Vilagarcía

Ven á Praza da Verdura de Vilagarcía e coñece tódolos productos (hortalizas, legumes, verduras, froitas...) que se cultivan moi perto de nos. Productos que venden as labradoras da Asociación cun sabor único.

Os productos hortícolas que as vendedoras ofrecen na Praza de Abastos de Vilagarcía son inconfundibles en sabor. Un sabor que non se perde por culpa das cámaras frigoríficas nin longas horas de transporte. As verduras, legumes, froitas, … están cultivadas nas hortas do Salnés que as nosas labradoras posúen e traballan dende tempos inmemoriais, xa que antes o facían os seus pais e avós.

Productos de temporada

Productos de temporada frescos na Praza da Verdura

Productos de temporada frescos na Praza da Verdura

Como se soe dicir a natureza é sabia. Por eso fai que os productos que se recollen teñan unhas ou outras propiedades según cada temporada. Os productos do inverno teñen un gran aporte enerxético con poucas calorías, ca que nos movemos menos e existen mais riscos de enfermidades. Os Productos de verán: froitas e hortalizas, conteñen máis auga e vitaminas xa que co calor tendemos a deshidratarnos.

Inda que hoxe en día gracias aos invernadeiro podemos consumir calquer legume durante todo o ano, pero consumir productos de temporada tamén axuda ao noso peto, xa que son productos mais baratos.

Confianza no producto

Os productos hortícolas son prantados e recollidos polas vendedoras da Praza da Verdura

Os productos hortícolas son prantados e recollidos polas vendedoras da Praza da Verdura

Mercando na Praza da Verdura terás por seguro que as vendedoras ofreceránche o mellor das súas colleitas. As labradoras da Asociación poñen por riba a calidade do producto antes que a cantidade ou a apariencia, por iso podes estar seguro do que comes. Non por mercar unha mazá redondiña, brillante e perfecta estás a comer máis saudable que se mercas outra que non esté tan brillante. O importante é como se cultivou, tratou e recolleu o producto.

Se precisas un consello amigo de que como cociñar unha legume ou que comer, … seguro que as vendedoras saberán sacarte de dúvidas. Sáben como sacarlle o mellor proveito ás hortalizas, froitas e verduras.

 

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]