Lentellas guisadas con hortalizas

| Publicado por | Categorías: Receitas

Ingredientes para facer un Guiso de Lentellas

  • 375 gramos de lentellas
  • 1 pemento verde
  • 1 cebola
  • 1 cenoira
  • 1 pataca mediana
  • 1 tomate
  • 2 dentes de allo
  • 100 gramos de chourizo
  • 5 culleradas de aceite de oliva
  • 1 culler pequena de pementón doce
  • 1 litro e medio de auga
  • Sal
  • 1 folla de loureiro
As legumes teñen un gran aporte de fibra e vitaminas para o noso corpo

As legumes teñen un gran aporte de fibra e vitaminas para o noso corpo

Elaboración

  • Enxagua  ben as lentellas e botas nunha ola grande con auga.
  • Dalle un corte na punta ao pemento e botao na ola xunto coas lentellas. Engade tamén o tomate, a folla de loureiro, unha culler  pequena de sal e a cullerada pequena de pementón.
  • Trocea a pataca e bota na ola. Corta a cenoira a taquiños e engadea coas lentellas. Despois corta o chourizo en rodas e botao na ola.
  • Mentras se fan as lentellas podemos preparar o sofrito. Así que pinta a cebola e corta os allos.
  • Pon a quentar unha tixola co acete e engade a cebola e os allos troceados. Deixa a lume medio ata que se pochen e collan algo de cor.
  • Pon o sofrito no vaso da batidora e engade medio vaso de auga. Bate durante un minuto e despois engade a ola e remexe.
  • Cando as lentellas estén tenras (uns 45 minutos) retira o pemento, o tomate e a folla de loureiro.
  • Por último proba o sal e si fai falla engade un pouco máis.

Aquí non se tira nada así que se queres podes gardar o pemento e o tomate que retiramos para facer unha crema de legumes.

 

Un par de trucos e consellos para darlle un toque diferente:

  • Hai persoas que ao final da preparación cando xa están listas as lentellas engádelle un chorriño de vinagre para darlle mais sabor ou comino moído.
  • Tamén podes engadir despois de feitas un ovo cocido en anacos, xa verás que sabor lle dan. Están riquísimas!!!

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]