Loita este inverno contra os resfriados e gripes coa Praza da Verdura

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

Non vos vamos a enganar … non existe producto nin vacina que impida un resfriado ou que teñas unha gripe. Pero o que si podemos facer e ter o noso corpo coas defensas activas para cando cheguen que o poidamos pasar rápidamente, case sen darnos conta nin de que o tivemos.

¿Cómo aumento as defensas do meu corpo?

Para aumentar as nosas defensas o primeiro que debemos facer é hidratarnos moito, manter o calor corporal abrigándonos correctamente, manter unha correcta hixiene (lavar as mans, usar panos de usar e tirar para os mocos, …), se eres fumador procura deixalo ou polo menos reducilo o máximo posible e o máis importante ter unha alimentación equilibrada e completa.

Verduras, legumes, froitas e hortalizas axudan a manter en forma as nosas defensas

Verduras, legumes, froitas e hortalizas axudan a manter en forma as nosas defensas

Cómo me debo alimentar no inverno

Para asegurar que o teu corpo resiste a gripes, catarros e resfriados debes comer alimentos ricos en Vitamina C, Vitamina A e Vitamina D que están presentes en moitas verduras, hortalizas, legumes e froitas.

  • Vitamina A: esta vitamina axuda a manter os texidos brandos do noso corpo en perfecto estado. Manter as mucosas nasais coas suas funcións activas é algo importante para que os virus e bacterias non se instalen nas nosas vías respiratorias. Esta vitamina tamén axuda aos ollos mellorando o seu rendimento e evitando algúns dos problemas oculares máis comúns.
  • Vitamina C: axuda ao crecimiento e reparación dos texidos do corpo. A vitamina C é un antioxidante que axuda a oxigenar correctamente a pel evitando o envellecemento prematuro.
  • Vitamina D: esta vitamina axuda a absorver o calcio e fosforo que forman os osos, o mais importante desta vitamina é que axuda a evitar a osteosporosis.

 

Que alimentos son máis saudables

Hoxe en día case se pode atopar todo tipo de verduras frescas na Praza da Verdura gracias aos invernadeiros, ainda que o máis saudable e económico é comer productos de temporada. Non te preocupes se algunhas verduras non che gustan porque hai infinidade de verduras diferentes que conteñen estas vitaminas.

Existen moitos productos e formas de comer saudable: guisos, zumes, sopas, ensaladas, ... ven a Praza da Verdura

Existen moitos productos e formas de comer saudable: guisos, zumes, sopas, ensaladas, … ven a Praza da Verdura

A continuación vamos a listar algunhas delas:

  • Cenoiras: son moi ricas en vitamina A e podes consumilas tanto en crú (soas ou en ensaladas) como cocidas en guisos, purés, caldiños, … Algo que tanto apetece cando temos frío.
  • Citricos: as froitas son unha das mellores formas de hidratarse no inverno e consumir vitamina C. Non te olvides este inverno de tomar laranxas, mandarinas, limóns, limas, kiwis, pomelo, … o bo das froitas é que gustan a todos. Os nenos incluso poden aprender a facer os seus propios batidos e zumes naturais.
  • Froitos secos: aportan calcio e vitamina D ao noso organismo axudando a que os nosos osos non sufran tanto co frío do inverno.
  • Tomate: unha boa fonte de Vitamina C e E, axuda a depurar o corpo á vez que rexenera os nosos texidos evitando o envellecemento prematuro. Hoxe en día xa non é un producto de temporada. Inda que non teña todo o sabor do verano, os tomates que podes atopar na Praza da Verdura son frescos cultivados nas terras do Salnés. Da Praza de Vilagarcía á tua casa sen cámaras frigoríficas de por medio.
  • Verduras de follas verdes e brócoli: son ricos en vitamina C, existen moitas formas de comer estas verduras e non só cocidas. Proba estas verduras e legumes en wok. purés, revoltas ou rebozadas, …. verás que cambio e que ricas están.

 

Pasa pola Praza da Verdura e merca as legumes, hortalizas, verduras e froitas que te van axudar a disfrutar deste inverno sen ter que acudir ao médico.

Se tes dúbidas ou queres encargar os teus productos podes facelo a través do email hola@prazaverdura.com

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]