Caldo de galiña con verdura e hortalizas

| Publicado por | Categorías: Receitas

¿Quén dixo frío se temos na nosa mesa un
caldiño de verdura con galiña?

Moita xente pensa que comer saudable é moi lioso e traballoso e acaban comendo cousas precociñadas ou fritas. Con esta receita verás que sinxelo é facer un caldiño que nos leva a cando eramos pequenos e comiamos na casa dos avós.

Ingredientes:

  • 1/2 galiña (a poder ser sen pel para reducir as grasas do caldo)
  • 2 cenoiras
  • 1 puerro
  • 1 cebola pelada
  • 1/2 repolo ou 1 enteiro se é pequeno
  • 1 tomate maduriño
  • Se nos gusta tamén podemos engadir apio

 

Elaboración do caldiño:

Antes de nada debemos comprobar que temos unha ola grande ou se non deberemos cortar a galiña en anacos pequenos que poidan entrar na ola. Eu prefiro facelo en anacos para repartir mais fácilmente nos pratos unha vez lista a sopa.

Pois comezamos… 😉

Metemos a galiña con auga bastante uns 4 dedos por riba da galiña e un puñado de sal gorda. Se hai problemas de tensión nos comensais reduciremos a cantidade de sal para que poidan comer todos con tranquilidade.

Deixamos que ferva e verás como comeza a aparecer unha espumiña branca na auga, esto é polas grasas que ten a galiña. Aconsellamos retirala para conseguir un caldiño limpo.

Despois deixamos ferver uns 25 minutos e despois engadimos todos os ingredientes troceados (cenoira, puerro, cebola, tomate, apio, repolo) polo menos en 4 anacos cada un para que saia o sabor de todos e se incorpore á auga. De seguido baixamos a intensidade do lume a lento.

Deixaremos cocer as verduras xunto coa galiña 1/2 hora mais e xa podemos retirar do lume. E xa está listo para comer o caldo de verduras con galiña.

Esta auga podes conservala para utilizar en sopas nun futuro ou en guisos. Para conservala podes metela na neveira se é por uns días e se non introducea nunha botella e garda no conxelador ou nunha cubiteira.

Se a metes nunha botella cando queiras volver a usar o caldo só terás que meter a botella fechada en agua quente e esperar a que desconxele.

Convertir un caldo nunha sopa

Convirte un Caldo en Sopa de Verduras

Convirte un Caldo en Sopa de Verduras

Se queres podes variar o prato convertindo nunha sopa de verduras rica en proteinas.

Para elo retira un pouco de auga e engadirlle pasta para facer unha sopa. No momento de servir introduce anacos da galiña en tiriñas ou cadrados e engádelle tamén un ovo cocido picado. Verás que sabor máis rico consegues e cheo de proteinas que aporta o ovo cocido.

 

Ven é coñece as labradoras e vendedoras da Praza de Abastos de Vilagarcia. Elas poderán darche esta e outras máis recetas para conseguir que as túas comidas ademais de variadas sexan saudables e nutritivas.

Se queres poñerte en contacto con nos podes facelo na Praza da Verdura todos os martes e sábados ou mediante o email hola@prazaverdura.com

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]