Coliflor gratinada con xamón e setas ou cogumelos

| Publicado por | Categorías: Receitas

A coliflor como xa comentamos en artigos anteriores ten infinidade de propiedades beneficiosas para o noso corpo. Pero tamén sabemos que non a todas as persoas lles gusta.

Pero un consello existen infinidade de receitas con coliflor así que anímovos a que as fagades e vexades se de verdad non hai ningunha que lle guste a túa familia ou amigos.

Deixovos a primeira para que fagades a proba.

Coliflor gratinada

Ingredientes aproximados:

  • 1/2 Coliflor (depende do tamaño da coliflor)
  • 200 g xamón en cadradiños
  • 200 g setas ou cogumelos (o que prefirades)
  • 2 cebolas medianas
  • 1 pataca grande
  • 100 ml viño branco
  • 5 ovos
  • aceite de oliva (se pode ser virxen mellor)
  • sal ao gusto
  • pementa
  • tomillo

Elaboración:

A coliflor axuda a reducir a retención de líquidos e a artrite

A coliflor axuda a reducir a retención de líquidos e a artrite

Conta cuns 40 minutos de elaboración, non é unha receita rápida pero tampouco perderás unha mañá enteira cociñando.

O primeiro que debes facer é separar as ramificacións da coliflor e lavalas. Isto facémolo para que se cociñen antes xa que os troncos tardan mais en cocer. Podes cocelas ao vapor ou con auga. O tempo de cocción é aproximadamente o mesmo uns 20 minutos.

Neses 20 minutos podedes aproveitar para preparar os outros ingredientes. Temos que picar a cebola en cadradiños pequenos para facer un rustido con aceite de oliva durante uns 5 minutos. Despois engadimos o viño e deixamolo a lume lento para que vaia fervendo e evaporando o alcol. Deixamos a ferver mentras pelamos as patacas e cortamos en taquiños tamén. Xuntamos a pataca coa cebola e o viño e deixamos cocer 15 minutos engadindo sal e pementa segundo o gusto dos comensais.

Pasado ese tempo retiramos do lume e batimos todo ata formar unha salsiña coa que cubriremos o fondo do recipiente que usemos para o forno.

Poñemos a coliflor cocina enriba da salsa. Batemos as xemas dos ovos con sal e pementa e botámoslla por riba á coliflor para de seguido meter no forno para gratinar.

O tempo no forno será aproximadamente uns 15-20 minutos ata que esté gratinada (dependendo do forno), o que tardemos en facer un salteado de setas ou cogumelos con xamón e tomillo nunha tixola cun pouco de aceite de oliva.

Cando esté gratinada a coliflor sacamola do forno e extendemos por riba o saltedo das setas co xamón.

¡¡¡E xa está listo para comer!!!

 

Así de sinxelo é rápido é facer unha comida saudable e diferente con coliflor fresca que podes mercar na Praza da Verdura.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]