Zumes para o inverno na Praza da Verdura

| Publicado por | Categorías: Receitas

No inverno non todo ten que ser sopas, caldos e guisos. Tamén se pode comer froita, verduras, legumes e hortalizas doutras moitas formas, por exemplo con zumes.

Hoxe en día nos supermercados podes atopar zumes de moitos sabores e cores. Pero se tedes 5 minutos aconséllovos que non o merquedes no super e fagades vos un zume natural 100% e recén exprimido. De seguro que os máis pequenos lles vai encantar para a merenda, e así vos asegurades de que toman verduras e froita todos os días.

Non vos esquezades de mercar os ingredientes na Praza da Verdura de Vilagarcía. As nosas labradoras e vendedoras traen as verduras recén collidas para vender nos seus postos da Praza.

A continuación vouvos deixar 4 receitas para facer zumes naturais:

Zume de remolacha

Zume de remolacha con productos frescos

Zume de remolacha con productos frescos

Ingredientes:

  • 1/2 kilo de remolachas
  • 1 cebola pequena
  • 250 gr. de iogur natural
  • 1/2 limón (zume)

Debes raiar as remolachas ea cebola e metélas na batidora facendo un puré. Despois engades o iogur e o zume de limón.

Podes tomalo como zume ou como salsa para aliñar ensaladas.

Zume de Kiwi

Zume de Kiwi con Laranxa, cargado de fibra

Zume de Kiwi con Laranxa, cargado de fibra

Ingredientes:

  • 3 kiwis
  • 1 laranxa
  • 100g ramos de uvas brancas

Debes xuntar os kiwis pelados e troceados xunto coas uvas nunha licuadora. Cando a mezcla está lista podes ou ben engadir o zume la laranxa ou pelala e introducila cortada para voltar a licuar de novo.

Este é un zume moi rico en vitaminas e sales minerales co que poderás recuperar a enerxía despois dun longo día.

Zume de hortalizas

Zume de espinacas con cenoira

Zume de espinacas con cenoira

Ingredientes:

  • 1/2 taza de espinacas
  • 3 espárragos
  • 2 cenoiras
  • 1 trozo de apio
  • 1/2 mazá en cuartos
  • 1 tomate maduro

Pon as espinacas, os espárragos, o apio e a cenoira nunha batidora. Cando case esté liquido o contigo engade a mazá e o tomate.

Este é un zume cheo de vitaminas ao que podemos engadir se nos gusta un pepino que aportará un sabor máis doce e fibra ao zume de hortalizas.

Zume de cenoira

Zume de Cenoira con perexil

Zume de Cenoira con perexil

Ingredientes:

  • 2 cenoiras frescas
  • 1 culler de perexil fresco
  • zume de medio limón
  • Auga

Pela as cenoiras e colocaas na licuadora xunto con auga e o perexil. Unha vez esté licuado cola e engade o zume de limón para que lle quite un pouco o dulzor da cenoira.

Este é un zume cargado de vitamina A con efecto diurético polo perexil que evita que o noso corpo reteña líquidos innecesarios. O zume de limón aporta vitamina C que conteñen os cítricos que axuda a mellorar as nosas defensas, algo moi importante no inverno.

Os zumes naturais teñen moitas mais proteinas e vitaminas que os zumes refrixerados

Os zumes naturais teñen moitas mais proteinas e vitaminas que os zumes refrixerados

Estos son algúns dos zumes que podes facer na casa de forma natural. Os zumes recén feitos con verduras, hortalizas e froita fresca aportan un 70% máis de beneficios que os zumes prefabricados mercados nos supermercados.

Achégate á Praza da Verdura de Vilagarcía e merca os ingredientes para facer esta e moitas outras receitas con productos frescos.

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]