Ensaladas: preprara o corpo para os excesos do Nadal

| Publicado por | Categorías: Receitas

Seguro que moitos de vos xa estades temendo as grandes comilonas do Nadal. Comidas longas e pesadas que pasan factura tanto ao noso sistema dixestivo como aos kilos de mais que sempre aparecen.

Hoxe vamos a compartir unha receita de ensalada para que vaiades preparando o voso estómago.

Receitas de ensaladas nutritivas e lixeiras coa Praza da Verdura

Ensalada de Lombarda

Ingredientes:

  • 1/2 kg de lombarda
  • 2 cenoiras
  • 3 culleradas de sementes de granada
  • 5 rabanitos
  • 3 culleradas de aceite de oliva
  • 1 culler de vinagre
  • 2 culleradas de zume de laranxa
  • 1 culler de mel
  • 1/2 culler de mostaza
  • pementa negra
  • sal

O primeiro que debedes facer e lavar ben todos os ingredientes para evitar que leven terra ou suciedade. As follas de lombarda deberedes sacarlle a parte mais grosa do tronco que soe ser mais agria. Despois cortaredela á xuliana e poredela nun bol.

Pelamos as cenoiras e cortámolas como mais vos guste en rodas, en pauciños ou se queredes incluso a podedes raiar. Cortamos os rabanitos en rodas moi finas e xuntámolo xunto coas sementes de granada e a cenoira á lombarda. Mezclamos todo e xa temos a ensalada, agora só falta o aliño.

Para preparalo poñemos nunha taza o aceite de oliva xunto co vinagre o xume de laranxa a mel e a mostaza e batemos todo enérxicamente para que se mezclen. Salpimentamos ao gusto e ¡¡¡listo para tomar!!!

Podes probar a engadirlle ovo, sémola, mazá, … hai un sinfín de posibilidades segundo o gusto de cada un. As verduras, hortalizas e froitas en ensaladas axudan a regular o noso sistema dixestivo.

O que sí e que para conseguir os mellores productos do mercado terás que achegarte á Praza da Verdura este Nadal. Teremos os productos mais frescos esperando por ti, recollidos da terra directamente para o mercado.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]