Evita que inverno sexa sinónimo de dores consumindo verduras

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

Agora que chega o frío e a humidade constante do inverno seguro que o noso corpo nos da algunha que outra queixa. Nesta época é cando sufrimos máis as dores de artrose, musculares, inflamación nos brazos e nas pernas … e unha morea de síntomas que nos indican que temos que coidarnos un pouco máis.

Como xa mencionamos noutros artigos a natureza é sabia“. E isto digoo porque esta é época de espinacas… sí esas que comía o debuxo animado Popeye e lle daba unha forza sobrehumana. Pois algo de certo ten esta imaxen que nos ven á cabeza ao falar das espinacas.

As espinacas teñen un lixeiro sabor amargo e por eso os máis pequenos moitas veces non queren comelas. Pero hoxe en día coñécense moitas formas de cociñalas e quitarlles ese amargor.

Esta verduras teñen moitísimas propiedades que non podemos deixar escapar na nosa dieta. A continuación vamos enumerar algunhas delas.

Beneficios que nos aportan as espinacas frescas

  • Axuda en casos de úlcera gástricas: está comprobado que o consumo periódico de espinacas disminúe o risco de ter úlceras xa que fortalece as mucosas do estómago.
  • Axuda ao teu cerebro: as espinacas conteñen moito potasio  e antioxidantes que ralentizan o deterioro do noso cerebro e aumenta o fluxo de sangue cara a el. Isto axuda a aumentar a concentración e a actividade neuronal.
  • Boa para os teus ollos: contén caroteno que axuda as persoas con deficiencia de Vitamina A ou que non a absorben como é debido. A vitamina A é moi importante para evitar o deterioro da nosa vista.
  • Boa para o corazón: Como xa dixemos antes ten un alto contido en potasio e baixo contido en sodio polo que regula a nosa presión arterial. Por eso se tes problemas de tensión recomendamosche comer polo menos 2 veces por semana esta verdura.
  • Fortalece os osos: o importante contido que ten de vitamina K axuda a que o calcio se manteña no óso e retrasa a osteoporose. Ademáis ten manganeso, zinc, magnesio e fósforo que son minerais que compoñen os osos.
  • Coida da túa pel: os nutrientes que contén a espinaca axuda a que os raios UV non fagan estragos na pel. A ver tampouco a espinaca é o milagre universal para a pel pero xunto con un pouco de coidado e hidratación podemos conseguir que non se deteriore tan pronto.
Productos de temporada co sabor do clima e das hortas do Salnés na Praza de Vilagarcía

Productos de temporada co sabor do clima e das hortas do Salnés na Praza de Vilagarcía

Veña xa sabedes todo o que as espinacas poden facer por tí. Así démoslles unha oportunidade e achégate á Praza da Verdura e merca as túas espinacas fresquiñas. Elabora este nadal pratos cheos de saúde e sabor da nosa terra.

Pregunta á túa praceira algunha receita con espinacas que de seguro coñece e empeza a coidarte. Vamos a ver se conseguimos uns bós costumes alimenticios para este ano 2017.

Recorda todos os productos que se venden na Praza da Verdura son cultivados e recollidos polas labradoras da Asociación. Producto fresco da terra ata a túa casa.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]