Entrantes para Navidade con Espinacas

| Publicado por | Categorías: Receitas

Estamos en datas sinaladas nas que as comidas familiares, con amigos e coa empresa aparecen por todos os lugares sen apenas tempo a descansar. Moitas veces estas comidas copiosas non son todo o sanas que deberían e arriscamos con mesturas de alimentos.

Hoxe vamos traer un prato de entrante ou aperitivo;  como lle queriades chamar, con espinacas. A semana pasada falamos das propiedades tan beneficiosas que teñen as espinacas para o noso corpo.

Entrantes de salmón con espinacas

Ingredientes:

  • 300 gramos de espinacas frescas
  • 3 allos frescos
  • 3 ovos
  • sal
  • aceite
  • Tostadas, galletas salgadas ou pan o que prefirades para facer base
  • 150 gramos de salmón afumado en filetes
  • Para decorar por riba, podedes utilizar: sucedaneo de caviar, bolas de gelatina, cebollino… e se non sen decoración.

O entrante de hoxe é moi sinxelo e rápido de preparar.

En primeiro lugar, por se alguén non lle gusta o pequeno amargor que ten a espinaca,  debes cocela un pouquiño uns 5 minutos. Se vos gusta o sabor orixinal da espinaca podedes facela sen cocela. O que si deberemos cortala en trozos pequenos ou tiras.

Unha vez cortada a espinaca sofreímola xunto cos allos laminados e o aceite nunha tixola ata que os allos queden tenros.

Mentras as espinacas e o allo están sofreíndose, batemos os ovos e introducimolos tamén na tixola. Remexemos ata que as espinacas e o ovo se mesturen ben. Para que vos fagades unha idea ten que vir a quedar como unha tortilla francesa pero con espinacas. Cando esté lista deixamos enfriar e cortámola en anacos acorde co tamaño da base (tostadas, rebanadas de pan, galletas salgadas …).

Collemos o salmón e facemos o mesmo co revolto da espinaca, cortamos en anacos para por enriba dos nosos entrantes.

Unha vez que temos todo cortado e listo xa só queda o que poderíamos chamar “a montaxe”. Colle as bases pon enriba o revolto das espinacas e para cerrar un anaco de salmón. Se queres podes decorar como na foto, hoxe en día existen moitas formas diferentes.

Fai diferentes as túas comidas ou entrantes estas navidades con productos frescos mercados na Praza da Verdura de Vilagarcía.

Se eres mais tradicional e queres preparar o teu bacalao con coliflor para a familia e non sabes como facelo pregúntalles as nosas praceiras. Seguro que coñecen moitas formas diferentes de cociñalo.

Se non che gusta o bacalao pero si a coliflor invitámoste a que lle botes un ollo a unha receita da nosa web: Coliflor gratinada con xamon e setas (que xa estamos en temporada)

 

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]