Un novo ano con novos propósitos na Praza da Verdura

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

Este ano novo que empeza seguro que moitos de vos tedes novos plans e propósitos. Dende a Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa esperamos que eses novos propósitos inclúan unha alimentación máis saudable.

Despois dos excesos navideños agora toca facer dieta ou depurar o noso organismo. Que mellor forma de facelo alimentándonos correctamente con hortalizas, verduras, legumes e froitas frescas e de temporada.

Xa sabedes os productos de temporada ademais de axudar ao noso organismo (coas vitaminas que necesita en cada época do ano), tamén son productos mais baratos que coa temida costa de xaneiro sempre ven ben aforrar.

Actividades de Nadal na Praza da Verdura

Durante o nadal a Asociación de Vendedores da Praza da Verdura sorteu 3 cestas con productos frescos da praza: verduras, hortalizas, legumes, …

Nos vos despistedes moito da nosa web prazaverdura.com porque este ano ven cargado de novidades.

A continuación podedes ver as fotos das gañadoras.

Esperamosvos ver este ano a todos visitando e facendo as vosas compras na Praza da Verdura de Vilagarcia. Axúdanos a apostar por un producto de calidade, cultivado polas nosas vendedoras nas nosas maravillosas terras do Salnés.

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]