Cómo recuperarnos despois do Nadal con verduras frescas da Praza da Verdura

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

 

Despois do Nadal chegan os bos propósitos é a necesidade de depurar o noso corpo de todolos excesos de comida, doces, comidas que se alargan ata deshoras … Factores que nos pasan factura nestes días con hinchazón, acidez, dores de estómago, kilos de máis …

A continuación poderás ver os 9 alimentos que che axudan a limpar o organismo, moitos podelos atopar na Praza da Verdura de Vilagarcía 

1. Mazás

A fibra que conteñen as mazás axudante a eliminar as grasas e toxinas (alcol, azúcar …) que consumiches de máis este Nadal. O bó de esta froita é que ten moitas posibilidades para comela: ensaladas, merenda, almorzo, asada, compota, zume, salsas ….

Non tes excusa para non tomar  a lo menos 1 mazá ao día.

2. Piña

A piña é diuretica e está presente en moitas dietas de adelgazamento. A súa fibra nos axuda a limpar os intestinos e mellora a nosa dixestión. O mellor é tomala natural pero se non podes evita mollar o almíbar da conserva. Unha roda se piña ao rematar de comer axudarache a limpar.

3. Alcachofas

A alcachofa tamén ten un alto contido en fibra. Para as persoas propensas a reter líquidos axúdalles a eliminalos. Está comprobado que axuda a baixar o ácido úrico algo que acostuma estar polas nubes despois do marisco e o viño que consumimos nestas festas.

4. Espárragos

Os espárragos axudan a limpar o fígado e riñóns, tamén axuda a controlar a hipertensión e a diabetes. Consumeos mesturados con arroces, ensaladas, como entrante.

5. Infusiones

En vez de cargar o noso corpo con máis cafeina, acostuma a tomar o terminar de comer ou cear unha infusión de té verde. Axudaráche a depurar as grasas e limpar os intestinos á vez que che axuda a descansar pola noite.

7. Peixe azul

Esta clase de peixe é rico en ácido omega-3, axudándoche a equilibrar as grasas do corpo que se acumulan despois dunha gran inxesta de carnes e doces navideños.

8. Lentellas e legumes

Estos alimentos conteñen unha gran cantidade de proteínas e vitaminas que nos axudarán a renovar as enerxías que perdeu o noso organismo. As legumes son ricas en fibra polo que contribuen a eliminar o colesterol e mellorar os problemas de estreñimento.

9. Verduras verdes (leituga, xudías, brocoli, puerros, apio, chícharos)

As verduras de cor verde desconxestionan o aparato dixestivo, estómago, intestinos, vesícula biliar, páncreas e incluso o fígado.

Recupérate coa Praza da Verdura do Nadal

Cómo podes ver moitos dos productos que necesitades para poñer ao día o voso corpo podédelos atopar á venta na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa. As nosas praceiras tamén estiveron de festa nas súas casas pero inda así atoparon un momentos no seu día a día para seguir cultivando, coidando e recollendo estes productos naturais.

Ven a coñecernos a nos é aos nosos productos cada martes e sábado na Praza de Abastos de Vilagarcía.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]