Col lombarda cocida con mazá

| Publicado por | Categorías: Receitas

A lombarda é un repolo moi saboroso de cor violeta que dá xogo a facer moitos pratos diferentes, a continuación deixámosvos un exemplo.

Lombarda ao estilo alemán.

  • 1 col lombarda
  • 2 mazás verdes
  • 1 cebola grande
  • 1/2 taza de auga con 1 culler de maicena diluida
  • 1/2 taza de azúcar
  • 1/4 taza de vinagre branco ou se o preferides sidra
  • 1 chorro de aceite de oliva
  • 1 folla de loureiro
  • 3 cravos de olor
  • Sal
  • Pementa negra recén moida

O primeiro que deberemos facer será preparar os ingredientes. Collemos a lombarda e cortamola á xuliana (en tiras) ou en cadradiños. A cebola tamén a cortamos en xuliana e as mazás pelámolas quitamoslle os carozos e cortamos en medias lúas.

Unha vez temos todo cortado poñemos o aceite nunha ola e comezamos a saltear a cebola xa cortada ata que esté pochada. Unha vez lista engadimos a col e as mazás e remexemos un pouco máis (2-3 minutos)

Col lombarda Praza da Verdura

Agora xa é hora de introducir o resto dos ingredientes e poñemos a ola a lume baixo. Deberemos seguir remexendo  cada certo tempo para asegurarnos de que a col se coce correctamente e non se pegue.

O tempo de cocción serán aproximadamente uns 45 minutos -1 hora. A cocción debe ser moi lenta e en continuo movemento ata que case quede sen líquido. Antes de apagar o lume probamos como está de sal e se é preciso engadimos un pouco.

¡¡E xa está listo para comer!!. Este é un prato moi rico e cheo de vitaminas que pode comerse só ou como acompañamento de carnes e peixes.

Ven a Praza da Verdura e merca a túa lombarda para sorprender á tua familia con un prato sinxelísimo que pode ser principal ou acompañar a carnes ou peixes.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]