No inverno tamén se consume froita

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

A maioría das persoas asocia froita a verán, pois dende a Praza da Verdura tamén queremos reinvindicar que no inverno tamén se come froita.

Existen moitas froitas que son propias de este tempo e que poderás atopar nos postos das nosas labradoras que están vendendo os martes e sádados na Praza de Vilagarcia.

As principais froitas de temporada que se consumen son:

Laranxas

Están cargadas de vitamina C que é a vitamina que o noso corpo precisa para poder afrontar os catarros e gripes do inverno. A laranxa pódese comer en mermelada, xalea, zume ou ao natural. Toma a lo menos 1 laranxa ao día e axudarás ás túas defensas.

Limóns

Outro cítrico que aporta vitamina C ao noso organismo e que mesturado con productos como a mel é un gran antiseptico para as dores de gorxa.

É a froita máis doada de tomar xa que podes engadirlla a carnes, peixes, facer zume mesturando con laranxa ou azucre, utilizar as cortezas para postres …

 

Limóns, laranxas e mandarinas son un aporte extra de vitamina C para o noso corpo

Limóns, laranxas e mandarinas son un aporte extra de vitamina C para o noso corpo

Mandarinas ou clementinas

É a froita máis consumida polos nenos porque é moi doada de levar consigo e de comer en calquer lugar. Ao igual que as laranxas e limóns aportan vitamina C que axudan ás nosas defensas protexendonos dos resfriados.

Kiwis

Quén non escoitou que tomar un kiwi co estómago vacío pola mañá axuda ao noso ventre. Isto ocorre porque o kiwi ten un alto contido en fibra e vitaminas C e E. Podes comelo en mermelada, ao natural, en postres, zume ou incluso engadindo ás túas ensaladas este inverno.

Un sabor un pouco agrio pero que no fondo está boísimo e nos axuda físicamente.

Mazás

As mazás é unha froita que podes atopar durante todo o ano. Existen centos de variedades: tabardilla, golden, grand smith, pink lady … cada unha cun sabor característico que van dende o doce ata o agrio pasando por máis ou menos auga.

Esta é unha froita moi importante na nosa dieta do día a día xa que aporta ferro, vitamina C, fibra, fósforo e potásio ao noso organismo. Por non falar de que é unha forma natural de limpar os nosos dentes cando non temos un cepillo á man.

Podes consumir mazás de moitos xeitos: ao forno, en tarta, en compota, en mermelada, cruas, cocida con lombarda, zume …

Froita que podes atopar durante todo o ano na Praza da Verdura nas súas diferentes variedades

Froita que podes atopar durante todo o ano na Praza da Verdura nas súas diferentes variedades

Peras

Ao igual que a mazá existen diferentes variedades de peras durante todo o ano. O seu consumo no inverno aporta fibra, vitaminas e ácido fólico. Este último é moi importante para as mulleres embarazadas ou que están intentando quedarse en estado.

As peras podes consumilas crúas, en zume, en batidos, cocidas con viño, en macedonia …

Xa ves todas as oportunidades de comer froita que tes no inverno. Se non se come froita no inverno é porque non se quere. Nos postos das nosas labradoras da Praza da Verdura, ademáis de hortalizas, legumes e verduras podes atopar unha gran variedade de froita das nosas hortas do Salnés.

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]