Pudin de inverno con froita fresca da Praza da Verdura

| Publicado por | Categorías: Receitas

No inverno tamén se come froita e para os que non o creades aquí vos deixamos un postre que poderes facer con productos que atoparedes na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa.

Pudin de froita

  • Unha mazá roxa
  • Tres iogures desnatados de limón
  • Unha pera
  • Un plátano
  • Un chorriño de zume de limón
  • Un sobre de xelatina neutra
  • Azúcar ou edulcorante
  • Fruta para decorar
  • Caramelo líquido

O primero que deberemos facer é pelar a fruta e rociala con un pouco de zume de limón. Despois de rociala procedemos a triturala coa batidora ou a thermomix. Mentras poñemos a xelatina en un par de culleradas sopeiras de auga para hidratala.

A continuación collemos a metade da froita triturada e poñemola a quentar nunha ola sen que chegue a ferver. Isto é moi importante xa que se non podemos queimar a froita e que o noso pudin sepa asqueroso.

Unha vez a froita está quente mesturamola coa xelatina disolta e o resto da froita e mesturamos. Despois imos engadindo o edulcorante e os iogures de un en un e seguimos mesturando.

Unha vez está todo mesturado botamos caramelo líquido no molde e vertemos a mestura. Tapamos e metemos na neveira ata que se endureza.

Cando desmoldemos podemos decorar con froita fresca e un pouco de caramelo líquido.

Como vedes un proste moi rico e sinxelo co que poderedes pasar esas longas sobremesas de inverno na casa falando coa familia.

As nosas labradoras seguro que tamén che poden contar algunha outra receita con froita coa que sorprender tanto aos máis pequenos da casa como aos maiores.

Atrévete a consumir productos con todo o sabor e frescura da nosas terras. ¡¡ Ven mercar á Praza da Verdura!!

 

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]