¿Dor de ósos? Evitaa con exercicio e alimentación saudable

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

Moitas das dores que sufrimos á diario débense a que non tratamos o noso corpo como o merece e non lle damos o que nos pide. Cada día somos máis sedentarios e iso débese á nova sociedade onde vivimos con todos os avances e aparellos que nos fan a vida máis sinxela.

Pero ollo, non debemos confudir vida sinxela con sedentarismo. Unha gran parte das persoas collen o coche a diario, estamos de acordo que o coche é un bem moi necesario pero ás veces chegamos a abusar de él, utilizámolo incluso para desplazarnos 1 ou 2 quilómetros. Esto é un exemplo de sedentarismo, ¿por qué non imos a pé ou en bicicleta?

Prevención e coidado diario do noso corpo

Facer exercicio axuda a manter os nosos ósos en forma

Facer exercicio axuda a manter os nosos ósos en forma

Para previr a dor de ósos é preciso ter en conta algunhas cousas:

  • Facer exercicio
  • Reducir o noso peso corporal para que as articulacións non sufran
  • Evitar cargar pesos
  • Evitar malas posturas de carga como dobrar a espalda
  • Sentarse correctamente
  • Evitar zapatos incómodos ou tacóns moi altos
  • Correcta alimentación

Alimentación saudable

Debemos comer froita, verdura e legumes con frecuencia para evitar a debilidade dos ósos

Debemos comer froita, verdura e legumes con frecuencia para evitar a debilidade dos ósos

Os nosos ósos están compostos de calcio e fósforo principalmente. Por este motivo debemos reforzar diariamente a sua estructura tomando estos alimentos para alongar a vida dos nosos ósos e evitar a osteoporose.

A continuación vamos a enumerar os alimentos máis adecuados para conseguilo:

  • Peixe: os mais indicados con os que conteñen omega 3 (salmón, atún, troita, …) xa que protexen ás articulacións.
  • Legumes: A fibra axuda ao sistema muscular que protexe tanto ás nosas articulación como aos ósos
  • Frutas e verduras frescas: As verduras en xeral conteñen fibra e vitaminas que axudan a que o noso organismo teña todo os nutrientes que necesita evitando as  inflamacións, as infeccións e o deterioro dos ósos.
  • Lácteos: Conteñen calcio e vitamina D que evitan a osteoporose e fortalecen os ósos.
  • Té verde: reduce a inflamación das articulacións
  • Tomar o sol: sempre de forma cautelosa. O sol é moi importante xa que axuda a que a vitamina D e C se fixe nos ósos e no noso sistema inmunitario e non sexa eliminada polo organismo.

 

Dende a Praza da Verdura de Vilagarcía animámoste a que fagas exercicio e leves unha alimentación saudable con productos frescos. Ás nosas vendedoras poderán aconsellarche de cómo comer de forma sá e equilibrada sen aburrirte.

¡¡Ven a coñecernos á Praza de Vilagarcía!!

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]