Acelgas frescas: infinidade de propiedades e beneficios

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

As acelgas son unha das verduras que podes atopar durante todo o ano na Praza da Verdura e que nos poden sacar de máis dun apuro na cociña.

Esta verdura ás veces é olvidada e deixada de lado por outras como son as espinacas e o brocoli polo seu contido en ferro. Pero non hai moito tempo descubreuse que as acelgas teñen máis ferro que outras verduras ou hortalizas. Así que dende a Praza da Verdura aconsellámosvos que non vos deixedes levar pola fama e fagades un consumo variado de verduras.

Hoxe é o turno das acelgas na nosa páxina da Praza da Verdura, así que vamos falar das propiedades e beneficios que nos aportan.

Propiedades das Acelgas frescas

Na Praza da Verdura de Vilagarcía podes mercar acelgas frescas todos os días

Na Praza da Verdura de Vilagarcía podes mercar acelgas frescas todos os días

  • Vitamina A: as acelgas conteñen betacaroteno que dentro do noso corpo se transforma en vitamina A. como xa sabemos esta vitamina axuda a rexeneración das mucosas e texidos brandos do noso corpo como son por exemplo: os ollos, a gorxa, pelo …
  • Antioxidante: prevén a sequedade da pel e dos texidos evitando a dexeneración.
  • Vitamina K: esta vitamina encargase da coagulación do sangue no caso de feridas, evita a aparición expontánea de moratóns con pequenos golpes e tamén se encarga de manter os ósos fortes.
  • Vitamina C: axúdanos a combater moitas enfermidades como o gripe, resfriados …
  • Potasio: o potasio axuda a controlar a obesidade e a retención de líquidos, polo que as acelgas son un alimento ideal para as dietas de adelgazamento.
  • Magnesio: o magensio é un dos minerais que controlan a hipertensión, as dores de cabeza e o ritmo cardiaco.
  • Ácido Fólico: as mulleres que quedan embarazadas acostuman a tomar ácido fólico para o correto desenvolvemento do bebé. Por este motivo é un dos alimentos máis recomendables nesta época.
  • Fibra: a fibra axuda ao noso sistema dixestivo evitando o estreñimento e o colesterol.

¿Necesitas máis razóns para achegarte á Praza da Verdura de Vilagarcía?

Ven a mercar as túas verduras, hortalizas, legumes ou froita para as túas comidas. Se nestes carnavais te atreves e vas facer un lacón con grelos as nosas labradoras teñen os grelos máis frescos esperando por ti.

 

Alimentación natural en Vilagarcía de Arousa

Receta de Lacón con Grelos e Chourizo

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]