Tortitas de acelgas frescas, unha versión das filloas de carnaval con verduras

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

Esta receita con acelgas é tan sinxela que pode utilizala como sobremesa, merenda ou como cena. Unha forma lixeira de que coman verduras tanto pequenos como maiores.

Ingredientes:

  • 10 follas de acelgas pequenas sen o nervio central
  • 2 dentes de allo picados
  • 1 cebola pequena
  • 10 cebolletas
  • pementa moida
  • sal gruesa
  • 3 ovos grandes
  • 325 gramos de fariña
  • 2 tazas de leite enteira
  • aceite de oliva
Na Praza da Verdura de Vilagarcía podes mercar acelgas frescas todos os días

Na Praza da Verdura de Vilagarcía podes mercar acelgas frescas todos os días

Elaboración

Primeiro deberemos facer a masa, para isto poñemos todos os ingredientes agás a acelga e o aceite nunha licuadora para asegurarnos de amasar todo ben. Veremos que a masa está lista cando a súa textura sexa uniforme e cremosa.

Nese momento engadimos as acelgas picadas na licuadora e voltamos a procesar un minuto mais. Cando a masa esté lista é o momento de preparar a tixola para facer as tortitas.

Poñemos a tixola o lume con unha boa cantidade de aceite e cando esté quente poñemos un pouco de masa e deixamola fritir aplastando para que se explanda e quede unha tortita non moi gorda.

Cando esté dorada damoslle a volta e deixamos que siga fritindose ata dorarse polo outro lado, e xá está lista. Así deberás facer ata acabar coa masa.

Estas tortitas están riquísimas solas como sobremesa ou merenda. Se queres podes acompañalas con unha salsa de iogur natural ou salsa de frutas.

Tortitas de verduras para merenda, sobremesa ou cea

Unha versión con verduras das filloas tradicionais que se fan polos Carnavales.

Se queres coñecer máis receitas as nosas labradoras e vendedoras que están na Praza da Verdura de Vilagarcía poderán a axudarche. Tanto che asesorarán á hora de elexir os ingredientes como asesorarte noutras receitas para que comer saudable non sexa aburrido.

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]