Puerro un olvidado na nosa dieta diaria que nos axuda co colesterol

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

O puerro é unha das hortalizas que podemos atopar durante todo o ano na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa.

Esta verdura ten familia coas cebolas e os allos e o seu sabor é moi peculiar, parecido aos seus familiares pero moito mais suave. Todos conoceremos ou estamos habituados a tomalo en sopas, consomes, guisos

Os principais beneficios que nos aporta consumir puerro son:

O puerro pode consumirse cru, en guisos, en sopa, frito ... achégate á Praza da Verdura e merca os teus

O puerro pode consumirse cru, en guisos, en sopa, frito … achégate á Praza da Verdura e merca os teus

  • Antibiotico natural: o puerro ao igual que a cebola e o allo contén compoñentes antibacterianos que axudan ás nosas defensas a combater os resfriados, gripes e pequenas infeccións.
  • Diurético: axuda a eliminar o exceso de líquidos no noso organismo, ademais mellora a nosa dixestión evitando flatulencias, diarreas e estreñimento. Tamén mellora os procesos de artrites, reuma e gota.
  • Mellora a circulación sanguínea: esta hortaliza axuda a evitar os coágulos de sangue, reducindo o risco de infarto e anxina de peito. Tamén mellora a vida das persoas que sofren de varices ou de hemorroides xa que son enfermidades que se asocian a unha mala circulación.
  • Colesterol e diabetes: a inxesta cotidiana de puerro nas nosas dietas mellora os niveis de colesterol e de azucre no sangue.
  • Limpa os riles: os riles son o noso filtro natural que axuda a eliminar as toxinas para que non pasen ao sangue. O puerro axuda a limpar todas as impurezas que fican neles despois do seu traballo. Isto implica que auda a previr ante as pedras nos riles tan dolorosas que seguro moitos de vos tedes sufrido.
  • Embarazadas: contén un alto contido de ácido fólico e vitamina B9 que son importantes para o crecimento do bebé.

Cómo conservar o puerro na casa

O puerro é unha das hortalizas con mais aguante na casa. Poden chegar a durar ata 2 semanas na neveira. Se o prefieres tamén os podes conxelar e gardalos para máis adiante cando os necesites.

Se os vas conxelar un consello: limpa ben o puerro e gardao xa troceado ou en anacos pequenos ou en trozos de 5-6 cm para asegurarnos da correcta conxelación e que duren o mais posible. O aconsellable é que non pase de 6-9 meses no conxelador.

Se xa os cociñaches e non os utilizaches non tardes máis de 2 días en consumilos porque poderían resultar pesados para a tua dixestión.

Do puerro aproveitase case todo, que non che conten contos sobre que o verde non se come. Temos que recoñecer que a textura é un pouco mais forte pero tamén se come, simplemente tes que deixalo cociñar un pouco máis de tempo.

Quiche de puerro e bacon, unha receita moi sinxela que vai gustar a todos, incluidos os nenos da casa

Quiche de puerro e bacon, unha receita moi sinxela que vai gustar a todos, incluidos os nenos da casa

Achégate á Praza de Vilagarcía calquer martes ou sábado e deixa que as vendedoras che axuden a escoller os mellores puerros según como os vaias a cociñar. ¿Quén vai saber máis que elas para axudarche, que os cultivaron e recolleron para vender o mellor producto na Praza de Vilagarcía? 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]