Pastel de puerros con bacon, unha sobremesa diferente

| Publicado por | Categorías: Receitas

¿Puerros de postre?

Pois sí, e ademais vouvos asegurar que cando probedes os pasteis de verduras e hortalizas ides repetir máis dunha vez, están riquísimos.

Ingredientes:

  • 1 lámina de masa quebrada
  • 200 gramos de bacon en lonchas moi finas ou en taquiños
  • aceite de oliva
  • 2 puerros
  • 2 ovos
  • 1 brick de nata para cociñar
  • 100 gramos de queixo relado
  • perexil picado
  • sal
  • pementa

Elaboración:

Preparacion de pastel de verduras con bacon e puerro

Preparación de pastel de verduras con bacon e puerro

 

O primeiro que debemos facer é estirar e adaptar a lámina de masa quebrada no molde. Unha vez amoldada pinchamola cun tenedor para a súa correcta cocción despois no forno.

Agora vamos preparar o contigo do noso rico pastel de hortalizas frescas mercadas na Praza da Verdura.

Collemos os puerros e lavámolos moi ben, xa sabedes que os puerros crecen soterrados e inda que as vendedoras os lavan poden conter inda algo de terra entre as follas. Despois de lavamos moi ben procedemos a cortalos en rodas moi finas.

Agora collemos unha tixola e engadimos o aceite de oliva e cando estén quente engadimos o puerro e o bacon. Removemos ata que esté ben pochadiño. Cando xa está escurrimos o aceite e gardamos.

Nun bol grande metemos os ovos, a nata, o sal, perexil e a pementa e os batemos ata unificar todo. Unha vez mezclado engadimos un pouco máis da metade do queixo, o puerro e o bacon  e voltamos a remexer.

Cando esté ben mesturado vertemos todo sobre a base e engadimos por riba o resto que nos queda do queixo.

O forno debe estar prequentado a 180º C e o tempo de cocción será duns 15 minutos. Como cada forno é un mundo aconséllovos que estedes atentos e cando vexades que está callada e dourada a saquedes do forno.

Un postre saudable a base de verduras

Un postre saudable a base de verduras que vai gustar a todos

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]