Aumenta a tua enerxía con froita e verdura agora que chega a primavera

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

O aumento das horas de luz xunto co bo tempo que estamos a pasar estes días nos indican que a primavera está a volta da esquina. Esto implica moito desgaste para o noso corpo, primeiro polas alerxias primaverais e segundo porque mentras hai luz disfrutamos do tempo despertos e reducimos as horas de sono.

Por estes motivos é moi importante activar e fortalecer o noso corpo aportando unha dose de enerxia extra. ¿Cómo o podemos facer? Pois entre outras cousas como facer exercicio e descansar, tamén podemos activarnos comendo determinadas froitas e verduras que poderás atopar na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa.

Alimentos con alto contido enerxético que van a axudarche esta primavera

Brócoli

O brócoli é unha verdura con propiedades antiinflamatorias e antioxidantes. Ademáis é rico en fibra, magnesio, ácido fólico, vitamina A e C. Nos axuda cando o noso corpo está sometido a niveles altos de estrés ou exercicio intenso xa que os regula.

Espinacas

As espinacas frescas axudan a darnos mais enerxia no día a día

As espinacas frescas axudan a darnos mais enerxia no día a día

As espinacas como ben sabía Popeye as espinacas aportanos enerxía extra no día a día. As espinacas son unha verdura moi versátil que tanto se pode comer cocida, como crúa como en batidos. Sexa cal sexa a forma de tomar esta verdura o máis importante é que nos vai aportar numerosas vitaminas e minerais como son o calcio e magnesio.

Laranxas

As laranxas non só nos axudan no inverno a mellorar as nosas defensas ante os resfriados e catarros, senón que tamén nos aporta moita enerxía. Por este motivo é tan recomendable tomar un zume de laranxa polas mañáns no almorzo.

Ademáis de aportar vitamina C, mellorar a circulación sanguínea evitando a sensación de pernas e brazos cansados, tamén regula os problemas de hipertensión. Gracias á acción do sol a laranxa permite a correcta absorción do ferro no noso organismo evitando a anemia.

Figos

O figo é unha das froitas que aporta enerxía de forma máis rápida no noso corpo. Polo que deben consumirse durante a primeira metade do día para aproveitar este aporte extra de enerxía.

O alto contido de fibra que ten esta froita axuda a evitar os problemas dixestivos e de estreñimento. Ademáis regula os niveis de colesterol e evita os problemas cardiovasculares como a hipertensión.

Ovos

Moita xente rexeita os ovos nada máis falarlle de eles porque asocian este alimento ao colesterol. Mais non podemos deixar de lado o consumo de este alimento xa que aporta proteínas, enerxía e nos axuda a adelgazar, sempre sen abusar claro está.

O consumo de ovos axudamos a manter os niveis de vitaminas B12 (influe nos glóbulos sanguíneos e no sistema nervioso ), B1, B2 (fortalece as células e axuda a rexeneralas, como por exemplo as do pelo, das uñas, pel … ); ácido fólico , fósforo, potasio e ferro.

Se queredes entrar nesta primavera con bo pé e recargados de enerxía empeza a coidar a tua alimentación e introduce estas verduras, hortalizas e froitas na tua alimentación diaria. Verás como este ano podes con todo o que che boten e incluso máis.

Ven á Praza da Verdura e sorprendete co colorido e variedade que xa empeza a coller os postos das nosas vendedoras e labradora da zona do Salnés.

 

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]