O tomate: o rei da Praza da Verdura polo seu sabor e beneficios

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

Coa chegada da primavera xa comeza a aparecer unha grande cantidade de tomate na nosa Praza da Verdura de Vilagarcía. Pois hoxe vamos a falar de esta hortaliza porque seguro que hai cousas que con coñecedes sobre eles.

Os tomates son unha hortaliza que ademáis de ser moi sabrosos poden comerse de moitas formas: ensalada, salsa, cocidos, salteados, á prancha … 

Pero para poder chegar á nosa praza antes deben de levar moitos coidados, xa que é unha pranta moi delicada. Ten de transplantarse no momento adecuado. Despois facer un seguimento evitando que as pragas do pulgón ou mosquilla ataquen ás plantas de tomate. Despois deberemos capalos para obter unha producción de máis calidade. Estes traballos levan moitas horas que as labradoras lle teñen que adicar se queren conseguir unha boa colleita.

Todo este traballo ten como resultado final un tomate de calidade que co seu sabor único natural, nos incita a que esté presente nas nosas comidas e aperitivos.

O tomate é unha hortaliza que dá xogo á hora de preparar as nosas comidas: ao natural, en salsa, cocidos, fritos ...

O tomate é unha hortaliza que dá xogo á hora de preparar as nosas comidas: ao natural, en salsa, cocidos, fritos …

Beneficios de consumir tomate de forma habitual

  • Sistema nervioso: Axuda o desenvolvemento do noso sistema nervioso polo seu alto contido en potasio
  • Sistema muscular: permite o correcto crecemento muscular, polo seu aporte de vitaminas e o potasio que contén
  • Sistema inmunolóxico: aumenta a nosa resistencia a infeccións grazas as vitaminas C, E e A
  • Vista: mellora o funcionamento da vista coa axuda da vitamina A
  • Sistema dixestivo: esta hortaliza ten un alto contido de fibra que axuda ao noso sistema dixestivo, combatendo problemas de estreñimento e dificultades dixestivas. Tamén axuda en problemas urinarios como as infeccións.
  • Colesterol e Diabetes: o tomate axuda a regular os niveis de colesterol en sangue e controlar o aumento de azucre no sangue para as persoas que sofren de diabetes.
  • Diurético: o ter propiedades diuréticas axuda a baixar a hipertensión e elimina a retención de líquidos.
tomates frescos na praza da verdura

O tomate consúmese en todo o mundo e existen moitas variedades diferentes cada unha coa sua textura e sabor único

Na Praza da Verdura de Vilagarcía poderás atopar diferentes variedades de tomates: tomates cherrys, tomate pera, tomate rosa, tomate roma, tomate raf

Recorda alimentarse de forma variada e saudable é posible coas posibilidades que nos ofrecen os productos frescos e de temporada que as nosas labradoras venden na Praza da Verdura.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]