Cenoiras frescas: un aperitivo moi sano para ter a man

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

As cenoiras son un dos productos que podedes ver e mercar durante todo o ano na Praza da Verdura de Vilagarcía. Son un acompañante ideal para os guisos e as menestras pero tamén para ter a man e consumir en calquer momento do día.

As cenoiras son un dos vexetais con máis posibilidades á hora de consumir, podes consumilas en crú, en cocido, guisos, ao forno, ensaladas, puré, á prancha, en postres … Pois pola súa versatilidade hoxe vamos a adicarlle un momento a coñecer todos os beneficios que nos aporta o consumo de esta hortaliza.

Beneficios do consumo de cenoiras para a nosa saúde

  • Sistema Nervioso: as cenoiras axudan a relaxar os nervos e a ansiedade que acumulamos durante o día a día.
  • Mellora o apetito: está comprobado que en persoas enfermas con pérdida de apetito e incluso en nenos con problemas á hora de comer o consumo regular de cenoiras axuda.
  • Menstruación: axuda a mellorar o fluxo sanguíneo e elimina as dores de cólicos na zona pélvica sufridos polo ciclo menstrual. Tamén axuda a regularizar o ciclo menstrual en mulleres que sofren irregularidades continuas.
  • Protexe a nosa pel: grazas á provitamina A ademáis de axudarnos a broncearnos tamén equilibra o ph da nosa pel evitando que se reseque. Este é o motivo polo que moitos bronceadores conteñen extractos de cenoira. A provitamina A ademais de coidar da nosa pel tamén axuda a fortalecer as uñas e o pelo.
  • Reduce a anemia: o consumo habitual de esta hortaliza evita que os niveis de ferro baixen provocandonos ás molestas anemias.
  • Sistema dixestivo: combate os problemas de estreñimento, mellor consumilas en crú, polo seu alto contido en fibra. Tamén reduce as molestias dos problemas gastricos habituais como son: gastritis e acidez.
  • Para la vista: a provitamina A axuda a evitar o envellecemento anticipado das células dos ollos, reducindo ou alargando no tempo a posibilidade de sufrir cataratas.
Un aperitivo saudable para calquer hora tanto para nenos como para maiores

Un aperitivo saudable para calquer hora tanto para nenos como para maiores

¿Que temos hoxe de comer? Pois engádelle cenoiras

Para min a cenoira é un indispensable na cociña como o aceite ou o sal. Ademáis de utilizala en guisos e sopas, podes elaborar mermeladas, facer ensaladas, pasar pola prancha … Todo o que poidas imaxinar para facer de comer seguro que é compatible coa idea de engadirlle un par de cenoiras.

E incluso metela no bolso da merenda dos nenos e utilizala como aperitivo para cando saiades de paseo e teñan fame.

Vente á Praza este martes ou sábado e fai das cenoiras o teu indispensable na cociña. Recorda que os productos hortícolas: verduras, hortalizas, froitas e legumes que se venden na praza son cultivadas polas nosas labradoras con métodos tradicionais.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]