Flan de cenoira: unha receita sinxela da Praza da Verdura

| Publicado por | Categorías: Receitas

Apetécevos un dulce feito con cenoiras para completar as vosas comidas saudables con verduras e hortalizas frescas. Ahí vos queda un flan que está para repetir e chuparse os dedos.

Ingredientes:

  • 10 cenoiras
  • 1/2 vaso de azucre branco (para facer o caramelo)
  • 1/4 vaso de auga (para facer o caramelo)
  • 1/2 limón feito zume (para facer o caramelo)
  • 6 ovos
  • 350 gr leite condensada
  • unha pizca de vainilla
  • unha pizca de canela

Elaboración:

O primeiro e lavar as cenoiras e pelalas para polas a cocer. Cando estén ben cocidas cortamolas en rodas para que vaian enfriando antes. Para que o forno vaia collendo temperatura podemos encendelo a 180ºC para despois.

Cenoiras frescas cocidas para facer a masa do flan

Cenoiras frescas cocidas para facer a masa do flan

Agora imos preparar o caramelo líquido para untar o molde. Se preferides o caramelo industrial podedes pasar o paso seguinte inda que é tan fácil preparalo que case vos animo a que o fagades vos mesmos.

Poñemos un cazo a ferver con medio vaso de azucre branco, a auga e o zume do limón. Temos que ir remexendo de vez en cando para que o caramelo non se pegue e o azucre se desfaga completamente. Cando esté listo vertémolo no molde que vamos levar ao forno para facer o flan de cenoira.

¡Vamos a polo flan! Comezamos batendo 6 ovos coa batidora, cando xa estén batidos engadimos as cenoiras cocidas e cortadas xunto coa leite condensada. Batemos ben coa batidora ata formar unha pasta licuada e homoxénea. Poñemos o que nos falta que é a vainilla e a canela e voltamos a remexer, estos ingredientes nas cantidades que vos guste, porque xa sabemos que non son santo de devoción de todo o mundo. O meu consello e que non botedes moito para non desmerecer o sabor da cenoira que é o ingrediente principal deste flan.

Unha vez lista a mezcla para o flan botámola no molde que untamos xa co caramelo e introducimolo no forno durante uns 30 minutos a 180º C.

¡Ollo! cada forno é un mundo así que estade atentos non vaia ser que se vos queime. A forma de comprobar se o flan está feito e introducindo un palillo de vez en cando e se sae seco sen grumos e que está listo. Sacámolo do forno esperamos a que temple e metémolo na nevera para poder servilo ben fresquiño.

¿Gustouvos o plan para o postre? Pois vinde ata a Praza da Verdura de Vilagarcía e mercade xa as vosas hortalizas para facer comidas e postres tan saudables e ricos como os que falamos na nosa páxina da Praza.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]