Sabes todo o partido que podes sacarlle ás berenxenas?

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

A berenxena non é unha das hortalizas tradicionais por excelencia pero nos últimos tempos podes vela na Praza da Verdura de Vilagarcía ao carón de xudías, espinacas, repolos

Esta hortaliza debe ser consumida cociñada, xa sexa cocida ou ao forno, pero nunca en crú xa que pode provocar dor abdominal e problemas dixestivos. Esta hortaliza que cada vez está mais presente na cociña ten infinidade de beneficios que é importante coñecer.

Principais propiedades do consumo de berenxena

  • Desintoxicante: a berenxena axuda a eliminar as sustancias nocivas que se atopan no noso organismo, axudando a limpar o noso fígado e mellora a saúde das persoas con problemas hepáticos.
  • Axuda a baixar peso: ten moi poucas calorías pero é moi saciante, ademais ten unha alta cantidade de auga, axudando a saciarnos e evitar que comamos entre horas.
  • Embarazadas: un dos principais nutrientes de esta hortaliza é o ácido fólico polo que se lles recomenda consumila ás mulleres en xestación para fortalecer o tubo neural do bebé.
  • Evita a anemia: a berenxena contén niveis altos de magnesio, fósforo, calcio ou ferro que son os principais causantes das anemias
  • Axuda ao colesterol: a berenxena absorve o colesterol do sangue axudando a reducilo.
  • Dixestión: o seu alto contido en fibra axuda e regula o tránsito intestinal.
  • Diabéticos: a berenxena axuda a reducir o nivel de glucosa no sangue.
Na praza da verdura podes atopar hortalizas de todo tipo como as berenxenas

Na praza da verdura podes atopar hortalizas de todo tipo como as berenxenas

 

Como podedes ver a berenxena ten moitas propiedades e está recomendada para todos: embarazadas, diabéticos, persoas con problemas de colesterol, nenos, persoas con anemia recurrente

Inclúe na tua dieta a berenxena polo menos unha vez á semana e verás cantos beneficios che aporta a tí e a túa familia.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]