Berenxena rechea de carne e hortalizas frescas

| Publicado por | Categorías: Receitas

¿Pensando que vas facer de comer? Pois xa que falamos esta semana da berenxena aquí vos deixo unha receita moi sinxela e económica.

Ingredientes:

  • 2 berenxenas
  • 1/2 kilo de carne (polo, ternera …)
  • 100 gramos de cenoiras
  • 100 gramos de pataca
  • 1/2 cebola grande
  • Aceite de oliva
  • Pementa

Elaboración:

O primeiro que debemos facer é cortar as berenxenas pola metade ao largo e facer uns cortes no interior para que se coza mellor. A estas berenxenas engadimos un pouco de sal e aceite  pola parte que fixemos os cortes. Unha vez listas metémolas ao forno xa prequentado durante uns 30 minutos a 180 º C.

Mentras temos as berenxenas no forno podemos ir preparando  o recheo . Picamos as hortalizas (cenoiras e patacas) e cocémolas durante uns 15-20 minutos, cando estén listas retiramos do lume e escurrimos. Se queredes tamén podedes engadir chícharos no recheo.

Pochamos a cebola e engadimos a carne picada para que se vaia facendo

Pochamos a cebola e engadimos a carne picada para que se vaia facendo

Agora é o momento de picar a cebola e sofreíla co aceite de oliva, cando esté un pouco pochada engadimos a carne picada cun pouco de sal e pementa. Remexemos ata que a carne esté feita, unha vez lista engadimos á cenoira e as patacas cocidas e seguimos remexendo.

Neste tempo xa tiveron tempo de facerse as berenxenas, con moito coidado de non romper a pel de fora quítamoslle a maior parte da pulpa para incorporar ao recheo.

 Listo agora só queda meter o recheo, se queredes podedes engadir bechamel ou queixo relado e voltar a metelas no forno durante uns 5-10 minutos mais para gratinalo.

O máis importante é que se sirvan ben quentes, pero sen queimar claro, para poder apreciar todos os sabores diferentes que leva.

Ven á Praza de Abastos de Vilagarcía e merca as verduras que necesites coa confianza de que son productos hortícolas (verduras, legumes, hortalizas e froita) da nosa terra cultivados de forma tradicional e vendidos sen intermediarios.

Debemos aprender aos nenos a comer saudable, na Praza da Verdura de Vilagarcía axudámosche

Debemos aprender aos nenos a comer saudable, na Praza da Verdura de Vilagarcía axudámosche

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]