Pementos vermellos, verdes ou amarelos todos son saudábeis

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

Agora xa estamos na época do pemento, ainda que durante todo o ano podes ver pementos de todas as cores na Praza da Verdura de Vilagarcía, grazas a prantación en invernadoiros.

O pemento é unha hortaliza con ínumeras propiedades que se pode consumir de moitas formas: crú, asado, frito, guisado, ao forno, á prancha

Beneficios do Pemento para a nosa saúde

O pemento fresco pode utilizarse na maior parte das comidas incluso en crú e aporta sabor e múltiples vitaminas

O pemento fresco pode utilizarse na maior parte das comidas incluso en crú e aporta sabor e múltiples vitaminas

O pemento ten un alto contido en Vitamina C que activa o noso sistema inmunolóxico e vitamina B6 que axuda ao sistema nervioso central. Tamén aporta vitamina A e Vitamina B2 que reducen o risco de padecer enfermidades dexenerativas e crónicas.

O seu aporte de fibra no noso organismo evita o bloqueo do sistema dixestivo axudandoo a procesar o necesario dos alimentos e expulsar os residuos que non precisamos, como as grasas e colesterol.

Esta hortaliza xa sexa verde, vermella ou amarela funciona de potenciador da dixestión xa que estimula a secreción gástrica facilitando o proceso en persoas delicadas do estómago.

O pemento ten un alto contido en ácido fólico que prevén os problemas de espina bífica en bebés durante o embarazo. Tamén axuda ás persoas con problemas de retención de líquidos xa que o potasio e os baixos niveis de sodio impiden a retención.

Engade pemento ás túas ensaladas, guisos, fritos … e comeza a beneficiarte de todas as súas propiedades. Como vedes comer verduras, hortalizas, legumes e froita axuda a previr e mellorar moitos problemas e enfermidades coas que nos enfrentamos todos os dias.

Achégate á Praza da Verdura de Vilagarcía e merca todo o que precisas para alimentarte de forma saudábel, porque coa saúde non se xoga.

Cociñar con productos frescos e unha forma de coidar a nosa saúde

Cociñar con productos frescos e unha forma de coidar a nosa saúde

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]