Salmorejo, un prato típico do sur con hortalizas para renovar enerxías e refrescarnos

| Publicado por | Categorías: Receitas

Manterse hidratado e fresco son as principais recomendacións para non sofrir un golpe de calor durante os días de máis calor.

Un dos pratos máis indicados para repoñer forza e refrescarnos é o “Salmorejo“, este prato é típico do sur de España onde acostuman a sofrir grandes olas de calor durante a primaveira e verán. ¿Por qué non se soe tomar en Galicia? Pois esta é unha pregunta a que non podemos responder e que non entendemos. En Galicia podemos presumir de ter unha ampla variedade de hortas con verduras e hortalizas frescas. ¡¡Vamos a aproveitar a aprender a facer Salmorejo con productos da nosa horta!!

Ingredientes:

  • 1 kg de tomates frescos maduros
  • 200 gramos pan do día anterior (mellor se é un pan migoso e case sen corteza )
  • 1 dente de allo
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • 1 ovo
  • Relado de xamón ou taquiños (esto é opcional, pero dá un sabor moi bó)

Elaboración:

O primeiro é lavar os tomates e troceamolos, se teñen a pel moi dura ou teñen moitas pepitas podedes quitarllas para non atopalas despois. Pero tampouco é algo que lle cambie o sabor a receita. Estes trozos de tomates pasamolos pola batidora ou picadora ata ter a textura dun puré.

Picamos o tomate en anacos pequenos para que sexa máis fácil de picar

Picamos o tomate en anacos pequenos para que sexa máis fácil de picar

Engadimos a este puré o pan duro e deixamolo uns 10 minutos para que se empape e mezcle co tomate. Durante este proceso podemos por a cocer o ovo. Pasado ese tempo voltamos a picar coa batedora ata que non se noten os trozos de pan.

Cando o pan está ligado co tomate engadimos o allo picado e un chorriño de aceite de oliva (1/2 vaso aproximadamente), voltamos a bater para que todo me mesture ben. Engadimos un pouco de sal e remexemos, recordade que vai levar xamón polo medio así que non vos pasedes co sal.

Para terminar cando pomos o salmorejo no prato engadídelle o xamón e o ovo cocido ben picadiño. Se vos gustan as aceitunas tamén vos suxiro que probedes a picar aceitunas sen óso e introducilas no medio.

Como podedes ver é un prato sinxelo que non precisa de lume (mais que para cocer o ovo) que podes facer cos nenos. Pódese conservar na neveira durante 3-4 días sen que perda o seu sabor. Inda que como é tan sinxelo vos recomendo que fagades pequenas cantidades e o consumades sempre fresco.

Xa tedes unha utilidade para eses tomates moi maduros que tedes na vosa despensa e que no inverno utilizades para facer guisos ou salsa. Veredes como se vai a converter nun prato típico neses días de calor.

Refréscate e protexe o teu sistema inmunolóxico con tomates frescos

Refréscate e protexe o teu sistema inmunolóxico con tomates frescos

Vinde á Praza da Verdura e mercade os ingredientes que precisedes.

As mulleres da Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura esperámosvos con verduras, hortalizas, legumes e froita fresca recén recollida por nós.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]