¿Sufres de alerxia primaveral? Pois as verduras pódenche axudar

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

Está probado que as alerxias disminuen e incluso chegan a desaparecer aumentando a dose de vitaminas A, B, C e E durante esta época de alerxia.

Estas vitaminas pódense atopar en verduras, legumes, hortalizas e froitas que podes atopar na Praza da Verdura de Vilagarcía. Ademáis de axudarche coa alerxia, poderás comprobar o sabor único dos productos cultivados na nosa terra. Ese sabor e froito do traballo das vendedoras e labradoras que cultivan as súas hortas con esmero coidando de tódolos detalles para conseguir o mellor producto.

Pero … ¿Cales son eses productos hortícolas que me van a axudar coa alerxia?

Verduras que conteñen Vitamina A:

A vitamina A é a responsable de manter os nosos ollos, mucosas e pel sanos, tamén axuda a rexenerar os ósos e protexer os dentes. O corazón, fígado e os pulmóns son texidos brandos así que tamén é beneficiosa esta vitamina para estes órganos.

Para ter a túa vitamina A controlada deberás consumir: cenoiras, espinacas, espárragos, laranxas, calabaza …

Verduras que conteñen Vitamina B:

Existen diferentes típos de vitamina B (B12, B6, B2, B1, B5, B7), esta vitamina é a que axuda no proceso de sintetización dos alimentos e controlan o noso metabolismo. Por exemplo a falla de Vitamina B12 ou B6 é unha das causas da anemia.

Esta vitamina tamén é a causante de que a nosa pel, cabelo, uñas e memoria se encontren en bo estado.

Para ter a túa vitamina B controlada deberás consumir: legumes, cereais, noces, castañas, coliflor, coles de bruselas, rábanos …

As coles de bruselas son unha verdura rica en Vitamina B, que podes atopar na Praza da Verdura

As coles de bruselas son unha verdura rica en Vitamina B, que podes atopar na Praza da Verdura

Verduras que conteñen Vitamina C:

A vitamina C axuda ao noso sistema inmunolóxico, ademais de retrasar o envellecemento: da pel, músculos, ósos, dentes, cartílagos … Unha falta de vitamina C no noso organismo pode provocar anemia xa que esta vitamina sintetiza a absorción do ferro.

Para ter a túa vitamina C controlada deberás consumir: laranxas, limóns, pomelos, pementos, kiwi, brócoli, espinaca, tomate, mazán, patacas, perexil …

Verduras que conteñen Vitamina E:

A vitamina E axuda a protexer a nosa pel dos raios UV, ademáis tamén é beneficiosa para os problemas de próstata e reduce a grasa do fígado. En persoas con problemas na vista axuda a retardar a aparición de cataratas.

Para ter a túa vitamina E controlada deberás consumir: leituga, espárragos, guisantes, noces, peixe, espinacas, calabaza, …

Come 5 verduras, hortalizas, legumes ou froita ao día e verás como aumenta a túa enerxía

Come 5 verduras, hortalizas, legumes ou froita ao día e verás como aumenta a túa enerxía

Ven á Praza da Verdura de Vilagarcía e consume froita, hortaliza e verduras habitualmente. Seguro que despois dun tempo notarás que visitas moito menos ao teu médico ou farmacéutico.

As verduras frescas conteñen vitaminas e nutrientes que precisamos para estar sanos.

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]