Tenreira con verduras – Praza da Verdura de Vilagarcía

| Publicado por | Categorías: Receitas

A pesar de ser un prato parecido a un guiso as verduras e hortalizas que levan na súa composición son pouco calóricas. Este verán poderás disfrutar da praia sen preocuparte por eses quiliños de máis.

Ingredientes:

  • Tenreira tenra para guisar, con pouquiña grasa
  • 1 pemento verde
  • 1 cebola
  • 1 dente de allo
  • 2 cenoiras
  • 1 puñadiño de chícharos
  • 1 Tomate
  • 1 pataca
  • 1/2 vaso de viño branco
  • Caldo de carne, se pode ser caseiro mellor
  • un chorriño de aceite de oliva
  • Un poquiño de tomillo
  • Sal
  • Pementa

Elaboración:

Comezamos por picar a cebola o allo e o pemento en trozos o mais pequenos posibles e a tenreira en tacos dun tamaño que quepan na boca sen ter que utilizar o coitelo.

Estes anacos de tenreira se sellas con un chorriño de aceite moi quente. Cando a carne esté ben sellada engádese todo o que troceamos no primeiro paso: pemento, allo e cebola. Salpementa e remove a lume lento ata que a cebola esté tenra, case transparente.

O tomate axuda a regular os niveis de azucre e colesterol no sangue

O tomate axuda a regular os niveis de azucre e colesterol no sangue

Cando vexamos que a cebola está lista engadimos o viño branco. Mentres esperamos que a mestura ferva aproveitamos para pelar o tomate e trocealo finiño. Se é de eses tomates con moita pepita recomendovos que o eliminedes para non atopalos no medio do guiso.

Cando o viño empeza a ferver esperamos uns 2-3 minutos para que se evapore un pouco, cando pasou este tempo engadimos o tomate troceado e un pouquiño de sal. Non te olvides de remexer cada pouco para evitar que se peguen as verduras ao fondo.

Dende que introduces o tomate na ola esperas 5 minutos antes de engadir o tomillo e o caldo de carne (eu costumo gardar o caldo de outros pratos, pero se non tes podes facelo cunha pastilliña e auga). Esperamos a que volte a ferver e engadimos as cenoiras cortadas a rodelas finiñas. Deixamos durante 20 minutos que se cozan.

Neste intre é o momento de pelar as patacas. Cortámolas a trozos dun tamaño parecido ao da carne, vamos que se poida meter na boca sen precisar dun coitelo. Introducimos e deixamos cocer a lume lento uns 25 minutos. Dependendo do tipo de pataca pode desfacerse un pouco, se queredes que esto non ocorra podedes sofreilas un pouco antes.

Merca na Praza da Verdura as verduras que precisas, consegue un sabor único e natural da nosa terra

Merca na Praza da Verdura as verduras que precisas, consegue un sabor único e natural con productos da nosa terra

Cando está a pataca case cocida engadimos os chícharos  e subimos o calor do lume para que reduza un pouco o líquido do guiso. Deixamos así uns 5 minutos aproximadamente.

E xa está listo un guiso baixo en calorias, moi rico e con verduras frescas que podes facer calquer día do ano.

Achégate á Praza da Verdura de Vilagarcía e consegue os mellores ingredientes cultivados nas hortas das nosas vendedoras da praza.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]