Coida da tua pel este verán alimentándote de forma correcta

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

Coa chegada do calor e o sol a nosa pel reséntese inda que non nos poñamos en bañador e vaiamos á praia. O exceso de calor fai que nos deshidratemos e todo o mundo está concienciado que en verán debe beber mais, pero … ¿a nosa pel como a coidamos?

Ao consumir mais líquidos axudamos a que se hidrate por dentro pero por fora tamén sofre polo que é aconsellable utilizar cremas hidratantes compostas de productos naturais como o aloe vera por exemplo.

Ademais de hidratar a pel por dentro e por fora temos de coidar a nosa alimentación, procurando tomar alimentos ricos en antioxidantes, vitamina A, vitamina C e Vitamina E. Estos alimentos conseguirán manter a elasticidade da pel, o brillo e rexenerar as células.

Froitas, Verduras, Hortalizas e Legumes que debes consumir este verán

Kiwis

O kiwi é unha froita cun gran contido de Vitamina C, máis incluso que as laranxas ou limóns. Ademáis proporciona un alto contido en fibra que axuda ao noso sistema dixestivo e facilita o tránsito intestinal. Aconsellase o consumo de Kiwis durante procesos de alerxias ou catarros xa que reforza o sistema inmunitario.

Nas dietas para persoas que sofren hipertensión, diabéticos, embarazadas, persoas maiores … debería estar sempre presente como peza de fruta a non olvidar. A toma habitual de Kiwis ayuda a calmar os nervos, eliminar os líquidos retidos e evitar as posibles anemias que poidamos sofrir.

As laranxas e os limóns teñen as mesmas propiedades dos kiwis pero en moita menos cantidade.

Chícharos

Os chícharos son unha legume que nos axudan a diminuir o colesterol no sangue e axudan a mellorar a circulación xa que son vasodilatadores.  A maioría das legumes axudan a regular os niveis de azucre no sangue e os chícharos non ían ser menos.

Esta legume é un excelente antioxidante que vai protexer o cabelo, a pel, as unllas e os texidos mucosos.

Os chícharos frescos teñen un sabor inconfundible ademais de un monte de propiedades

Os chícharos frescos teñen un sabor inconfundible ademais de un monte de propiedades

Xudía Verde

Esta legume contén Vitamina C, B2, B6, calcio, potasio, magnesio e fósforo. A súa alta porcentaxe de fibra regula o tránsito intestinal evitando o estreñimento.

As xudías están recomendadas para axudar as nosas mucosas, pel, ollos, ósos e incluso axuda a evitar perdas de memoria. Polo seu alto contido en ácido fólico, tamén é apta en persoas con deficiencia de este mineral, mulleres embarazadas ou que queren quedar embarazadas.

Pataca

As patacas conteñen antioxidantes que evitan a rápida dexeneración das células da nosa pel e mucosas. Ademáis axuda a controlar a presión arterial e evita enfermidades do corazón e de circulación.

Pementos

Regulan o funcionamento do sistema dixestivo e reducen os niveis de colesterol. Melloran a hidratación e rexeneración das células que compoñen a pel e mucosas.

Outras hortalizas e verduras que tamén axudan a coidar da pel son: TomateRepolo, Coles, Espinacas, Acelgas

Come 5 verduras por día e verás todos os seus beneficios

Come 5 verduras por día e verás todos os seus beneficios

Como vedes o consumo habitual de verduras, froitas, hortalizas e legumes aportan inmesos beneficios á nosa saúde e aspecto físico.

Non perdades a ocasión de coidarvos e achegádevos á Praza da Verdura de Vilagarcia os martes e sábados pola mañá.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]