Madalenas de Calabacín, unha sobremesa saudable

| Publicado por | Categorías: Receitas

Na Praza da Verdura queremos ofrecerche alternativas para que comer verduras e hortalizas non se faga aburrido. ¿Apetécevos comer calabacín de poste ou almorzo?

Ingredientes:

  • 1 calabacín
  • 1 ovo
  • 1/2 cebola
  • 200 gramos de queixo relado
  • 200 gramos de pan relado
  • sal
  • pementa

Elaboración:

Esta é unha receita para facer no forno polo que temos de poñelo a pre quentar a uns 180-200º, cada forno é un mundo polo que despois para a cocción deberedes estar atentos para que non se vos queimen.

Agora empezamos a preparar os ingredientes para as madalenas vexetais. Relamos o calabacín a un tamaño medio, se vemos que ten moita auga podemos por un pano limpo enriba e apretar coas mans para secar o exceso de humidade. Así evitaremos que as madalenas queden con unha textura húmida.

O consumo de calabacín aporta calcio, potasio, fósforo e poucas calorías ás tuas comidas

O consumo de calabacín aporta calcio, potasio, fósforo e poucas calorías ás tuas comidas

A continuación cortamos a cebola en anacos pequeniños tense que notar pero tampouco ser un estorbo á hora de comer a madalena.

Pois o máis difícil xa está agora só resta mesturar todos os ingredientes. Pomos nun bol ou recipiente grande o calabacín relado, a cebola en anacos, o queixo e pan relado. Damos unhas voltiñas para que todo se mesture e engadimos o ovo batido, a sal e pementa. Voltamos a remover e xá está listo para por nos moldes das madalenas. Aconsellamos sempre mollar un pouco con manteiga ou aceite os moldes para facilitar o desmolde unha vez fríos.

O tempo que precisan dentro do forno será entorno uns 15-20 minutos dependendo do forno. Para comprobar se xa están podes facer como é habitual, pinchando con un pauciño ou o garfo e se sae seco e que xa está listo.

Coidado ao desmoldar para non estragar a presentación, se ves que está difícil pasa a punta dun coitelo ou untador ao redor do molde.

Se non sodes de sobremesas ou almorzos con madalenas, existen moitas outras receitas para facer con calabacín

Vinde ata a Praza da Verdura de Vilagarcía, comer verduras pode ser divertido e orixinal como podedes ver con estas madalenas.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]