Chícharos, melloran a circulación mentras coidan do noso peso

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

Nestes días verás pola Praza da Verdura de Vilagarcía chícharos en case todos os postos. Esta é unha legume que está presente en moitos dos pratos que facemos e por iso moita xente opta por comprar e conxelar para poder consumilos todo o ano.

Neste artigo hoxe vouvos dar algunhas razóns máis para consumir chícharos ademáis de ser un acompañante, dar sabor ou boa imaxe ao prato.

Beneficios que nos aporta o consumo de chícharos

Os chícharos son unha legume que se pode consumir en cru, cocido, ao forno, salteados ...

Os chícharos son unha legume que se pode consumir en cru, cocido, ao forno, salteados …

Os chícharos podense consumir tanto en crú, como cocidos ou ao forno. Como xa dixemos noutras ocasións canto menos tempo de cocción teñan as verduras, hortalizas e legumes mais propiedades beneficiosas manterán.

As principales vantaxes que ten comer chícharos de forma habitual son:

  • Circulación: axudan a evitar a arterosclerose que forma placas que impide o correcto fluxo sanguíneo. Tamén axudan a disminuir o colesterol malo do sangue beneficiando o funcionamento do corazón. Ademáis as legumes son productos naturais vasodilatadores mellorando e incluso previndo a anxina de peito e o infarto de miocardio.
  • Vitaminas: Conteñen unha alta cantidade de Vitamina C e Calcio que axudan a rexenerar os osos e mucosas protexendonos do desgaste. O aporte de ferro prevén chegar ao punto de anemia.
  • Diabetes: Regulan a cantidade de glucosa que temos no sangue según as necesidades de cada momento, tamén axudan ao control da fame evitando os picoteos entre horas.
  • Dixestión: Estas legumes conteñen altas cantidades de fibra que favorecen o funcionamento do sistema dixestivo evitando a aparición de problemas de estreñimiento.
  • Peso: a cantidad de grasa e calorias é moi baixa polo que podemos estar tranquilos se os consumimos no medio dunha dieta hipocalórica para a perda ou mentemento do peso.

Non quedes sen chícharos na casa e corre á Praza da Verdura de Vilagarcía para comprar e gardar para consumir durante todo o ano. Xa sabedes que é o acompañante ideal de moitos pratos e despois de ler os seus beneficios seguro os mirades con outros ollos.

Na Praza da Verdura estamos en temporada de Chícharos

Na Praza da Verdura estamos en temporada de Chícharos

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]