Verduras ao forno, un prato sinxelo e rápido de facer

| Publicado por | Categorías: Receitas

Para que non poñades excusas de que non tedes tempo para comer sen recurrir á comida lixo, hoxe tendes un prato moi rápido de facer.

Este prato leva hortalizas frescas que podes atopar sempre na Praza da Verdura de Vilagarcía. Vente xa por os ingredientes e comeza a comer saudable con pouca elaboración.

Ingredientes:

  • -1 berenxena
  • -2 tomates
  • -1 cebola
  • -2 culleradas de aceite de oliva
  • -aceituras verdes ou negras como prefirades
  • -1 dente de allo
  • -1 cullerada de hervas para condimentar
  • – sal e pementa

Elaboración:

A preparación deste prato é moi sinxela. Comezamos por  limpar a cebola e cortala en tiras mais ben finas. A continuación pelamos o dente de allo e cortamolo pequeniño. Tamén temos de lavar e cortar en rodelas finas as berenxenas e os tomates.

A berenxena é unha hortaliza axuda a reducir o nivel de colesterol

A berenxena é unha hortaliza axuda a reducir o nivel de colesterol

Agora poñemos o forno a prequentar a 220º mentras preparamos as verduras e hortalizas.

Collemos un recipiente apto para forno e poñemos no fondo un pouco de aceite de oliva. Despois vamos poñendo en fila cebola picada, rodela de berenxena e rodela de tomate. Así vamos alternando ata acabar con as hortalizas.

Nun cuenco poñemos o resto do aceite xunto co sal, a pementa, o allo picado e as hervas para condimentar (estilo provenzal: romero, tomillo …) e as aceitunas. mesturamos todo e engadimos por riba as filas de hortalizas.

Listo xa podemos meter ao forno durante uns 30-40 minutos (segundo o tipo de forno) a 200º

Se queredes podedes acompañar con un pouco de pasta cocida, patacas ou mesmo arroz.

O consumo de hortalizas e verduras aporta enerxía ao noso organismo xunto con infinidade de vitaminas

O consumo de hortalizas e verduras aporta enerxía ao noso organismo xunto con infinidade de vitaminas

Como podedes ver é un prato moi sinxelo no que non manchamos case nada na cociña e que podemos deixar preparando no forno mentres facemos outras cousas.

Comer saudable é preciso para aguantar no noso día a día.

Os componentes da Asociación de Vendedores da Praza da Verdura de Vilagarcía esperamoste para asesorarche e ofrecerche os mellores productos hortícolas sementados e colleitados por nós.

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]