Torta de verduras, sardiñas e atún

| Publicado por | Categorías: Receitas

Esta é unha receita fresquiña para o verano que podemos levar á praia ou comer de sobremesa, nas comidas familiares que de seguro coas festas temos unhas cuantas este verán.

Ingredientes

  • Masa de hojaldre
  • pemento vermello
  • pemento verde
  • cebola
  • berenxena
  • tomate maduriño
  • aceite de oliva
  • conservas de atún natural
  • conservas de sardiñas en aceite de oliva
  • sal

Elaboración

O primeiro que deberemos facer será por o forno a prequentar a uns 180º C.

Despois comezamos a trocear os pementos, a cebola e a berenxena en tiras non moi gordas. Salteamos estas verduras xunto co chorriño de aceite de oliva e salpimentamos. Uns intres antes de que vaia a estar engadimos o tomate ben troceado e remexemos.

Agora é o momento de estirar ben a masa de hojaldre sobre a bandexa de forno e empezar a poñer as verduras que acabamos de saltear. Metemos no forno a bandexa durante uns 15 minutos a 180º C. Se vedes que a masa está dorada e inda non chegamos aos 15 minutos podedes sacala do forno.

Neste momento é cando colocamos as sardiñas e o atún en lata por riba das verduras de xeito salteado e metemos ao forno 5 minutos máis.

Listo xa tendes a vosa torta de verduras e conservas lista. Un prato sinxelo é rápido de facer que se pode consumir frío ou quente, xa non tes excusa para non comer verduras se vas á praia.

Ven a coñecer as labradoras da Praza da Verdura de Vilagarcía os martes e sábados.

 

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]