Tortilla paisana con Verduras da Praza

| Publicado por | Categorías: Receitas

A tortilla é un básico da cociña española sobre todo pola diversidade de ingredientes que podemos utilizar na súa elaboración. Hoxe deixámosvos unha tortilla na que predominan as verduras e hortalizas que podes atopar na Praza da Verdura de Vilagarcía.

Ingredientes:

Elaboración: 

Como en toda tortilla comezamos por pelar as patacas e cortalas en anacos pequenos. Poñemos unha tixola ao lume con aceite de oliva e cando esté quente engadimos as patacas.

Mentres imos picando o pemento vermello e o verde en anacos pequenos según vos guste atoparlos ou non no medio da tortilla ao morder. A min gústame que lle dé o color e o sabor pero non morder un anaco e que todo sexa pemento. Neste momento xa deben estar as patacas a punto de porse doradas así que engadimos os pementos e deixamos que se fagan a lume lento.

Picamos a cebola menudiña e o xamón serrano; tamén cortamos en láminas as setas ou cogumelos. Esto todo vámolo preparar noutra tixola na que tamén engadimos aceite. Poñemos a cebola e cando esté case transparente engadimoslle o xamón e as setas ou cogumelos. Non deixamos de remexer para que se fagan de forma uniforme. Cando case está engadimos os chícharos para que collan o sabor do xamón e a cebola pochada.

Agora é o momento de batir os ovos, aconséllovos coller un recipiente grande como por exemplo un bol de eses de ensalada. Xuntamos os ovos con as verduras e hortalizas ben escurridas para que non nos quede a tortilla aceitosa.

Esta mestura poñémola nunha tixola con un pouco de aceite para xa terminar de facela tortilla. A tixola debe estar ben quente e segundo vemos que está cuajando dámoslle a volta.

Agora xa é cuestión do consumidor haberá quen lle guste máis cruda ou máis pasada.

Vinde á Praza da Verdura e merca as verduras, hortalizas e legumes que precises para facer a túa Tortilla Paisana con Verduras da Praza.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]