Froita no verán, sabes por qué debes consumila

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

No verán aumenta o número e variedade de froita que hai nas prazas de abastos e supermercados, polo que nos tamén consumimos máis froita.

Beneficio do consumo de froita durante todo o ano

A froita debe consumirse durante todo o ano e na mesma intensidade. Cada época do ano ten a súa froita de temporada que nos aporta os nutrientes e vitaminas que necesitamos según a estación que nos atopamos, como xa temos dito a natureza é moi sabia. Por este motivo na Praza da Verdura de Vilagarcía poderás atopar froita durante todo o ano.

O consumo de froita regular axuda ao noso organismo de moitas maneiras:

  • A froita ten moita fibra que axuda ao sistema dixestivo.
  • A froita de verán axuda a hidratarnos xa que ten un alto contido en auga
  • Algunha froita como as uvas conteñen antioxidantes que axudan a rexenerar a pel e texidos do noso organismo.
  • As laranxas e limóns conteñen vitamina C que tamén nos protexe dos rayos UV e activan as nosas defensas ante problemas respiratorios como: resfriados, gripes, alerxias

A froita debe consumirse de forma variada, é dicir, nunca consumir un exceso da mesma froita se non queremos ter o efecto contrario do que buscamos. O importante é o equilibio entre froitas diferentes, verduras, hortalizas e legumes.

As vendedoras da Praza da Verdura de Vilagarcía somos tamén as recolectoras das froitas, verduras, hortalizas e legumes. Ven a coñecernos os martes e sábados.

O consumo de hortalizas e verduras aporta enerxía ao noso organismo xunto con infinidade de vitaminas

O consumo de hortalizas e verduras aporta enerxía ao noso organismo xunto con infinidade de vitaminas

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]