Fresas na Praza da Verdura- Coñece todas as súas propiedades

| Publicado por | Categorías: Novas Praza

A froita é unha das formas máis sinxelas e rápidas de comer os 5 vexetais que se recomendan cada día para ter unha saúde equilibrada. Na Praza da Verdura de Vilagarcía ademáis de verduras, hortalizas e legumes tamén podes atopar froita do Salnés. Polo que podes estar seguro que non leva procesos de refrixerado e o sabor é inconfundible.

Entre todas as froitas que podes atopar destacan as fresas. As fresas chegan ao mercado co comezo da primavera a finais de marzo comezos de abril. Moitos consumímolas polo sabor que teñen combinadas con azucre, nata ou mesmo crúas.

Neste artigo queremos mostrarche todos os beneficiosos do consumo de fresa.

Propiedades das fresas e beneficios para a saúde

  • Vitamina C: as fresas teñen un elevado nivel de vitamina C que axuda ao noso sistema inmunolóxico a defenderse fronte a pequenas infeccións ademáis de axudar a combatir a anemia de ferro.
  • Ácido fólico: a presencia de ácido fólico é notable polo que se recomenda o seu consumo en mulleres embarazadas ou se existen indicios ou problemas no sistema nervioso ou na memoria
  • Potasio e Sodio: as persoas con problemas de hipertensión veranse beneficiadas ao consumir fresas xa que axudan a regular estas enfermidades.
  • Fibra: axuda a regular o tránsito intestinal mellorando os problemas de estreñimento.
Cociñar con productos frescos e unha forma de coidar a nosa saúde

Cociñar con productos frescos e unha forma de coidar a nosa saúde

As vendedoras da Asociación de Producto Hortícolas da Praza da Verdura aconsellámosche que leves unha dieta variada, evites o consumo de alimentos precociñados e inclúas as froitas e verduras na tua alimentación habitual.

Se queredes axuda ou ideas sobre como consumir hortalizas, verduras ou legumes de seguro que as vendedoras podemos recomendarche algunha receita. Se non no apartado de receitas da páxina web podedes ver algunhas ideas.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]