Biscoito de mazá con iogur

| Publicado por | Categorías: Receitas

Hoxe biscoito de froita feito con mazá con iogur unha receita sinxela e fresca para tomar en calquer sobremesa ou merenda.

Ingredientes:

  • 2-3 mazás
  • 1 iogur natural ou de limón
  • 1 medida do vaso de iogur aceite de oliva
  • 1,5 medida do vaso de iogur de azucre
  • 3 medidas do vaso de iogur de fariña
  • 3 ovos
  • 1 sobre de levadura
  • mel
  • canela en pó
Froita de temporada na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa

Froita de temporada na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa

Elaboración:

Comezamos por mesturar o iogur co aceite, o azucre, a canela e a mel. Despois batemos os ovos e engadimos tamén na mestura anterior. Recomendamos utilizar unha batidora para asegurar que a mestura sexa uniforme. No mesmo bol imos engadindo a levadura e a fariña tamizada.

Agora é o momento de pelar e cortar as mazás en anacos como se fosen as patacas para facer unha tortilla. Se queremos adornar o biscoito podemos reservar algúns trozos. Voltamos a bater e triturar todo ben para que non queden tropezóns no medio do biscoito.

Preparamos o molde que imos levar ao forno para facer o biscoito. Debemos engrasalo molde ben con mantequilla e despois espolvorearlle fariña.

Unha vez teñamos listo o molde vertemos a masa que temos feita no interior. Agora sería o momento de decorar o biscoito se queremos poñendo lascas de mazá ou espolvoreando azucre por riba.

Introducimos o molde no forno uns 35-40 minutos a 180 ºC, o forno debe estar prequente antes de meter o molde.

Para comprobar se está feito podemos pinchar con un pauciño e cando saia seco e que o biscoito está listo.

Un truco se vedes que se empeza como a queimar pero por dentro inda non está, podedes cubrir o molde con papel de aluminio axudando a que se faga antes.

Esperámosvos os martes e sábados na Praza da Verdura.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]