Acelgas frescas con tomate e ovo

| Publicado por | Categorías: Receitas

Unha receita sinxela e rápida de facer que podes preparar en calquer momento. Ven ata a Praza da Verdura e merca as verduras e hortalizas que precises para facer esta receita a base de acelgas.

Ingredientes:

  • 1 manoxo de acelgas
  • 1 cebola
  • 2 tomates sen pel
  • 4 ovos
  • 1 cucharada de aceite de oliva
  • allo
  • viño branco
  • sal
  • pementa negra
  • xamón curado ou panceta curada

Elaboración:

Antes de nada deberemos lavar as acelgas e cortar o tallo, xa que sólo vamos a utilizar as follas. Mentres limpamos as follas poñemos unha ola con auga a quentar. Cando estén limpas as acelgas e a auga ferva metémolas durante uns 8 minutos para que abranden e despois quitámolas e cortamos a cocción con auga fría.

Na Praza da Verdura de Vilagarcía podes mercar acelgas frescas todos os días

Na Praza da Verdura de Vilagarcía podes mercar acelgas frescas todos os días

De seguido cortamos a cebola en cadradiños pequenos e poñemola na tixola xunto co allo picado, sal, pementa negra moída e un chorriño de aceite de oliva. Remexemos para que non se queime e cando vexamos que a cebola empeza a abrandar engadimos o xamón curado fino (en cadrados ou en lascas).

Damos unhas voltas máis e xa podemos engadir o tomate sen pel esmagado mais unha copa de viño branco. Baixamos a intensidade do lume e tapamos para que se integren ben todos os sabores.

Este é o momento de preparar os ovos, podemos facelos escalfados simplemente rompendo un ovo en auga a piques de ferver ou senon facelos ovos adobados. Para facer os ovos adobados precisamos dun papel film para cociñar. Debemos poñelo nun vaso ou nunha taza ben estirado, rompemos dentro o ovo e aliñámolo con sal e pementa ao gusto,e se queremos algunha herva aromática. Despois pechámolos ben para que non se abra o contigo e poñemos nunha ola con auga a ferver durante 4 minutos.

Durante o tempo de preparar os ovos xa teremos listo o xamón coa cebola así que engadimos as acelgas enriba e damos unhas voltiñas máis, para que se impregnen.

Para presentar poñemos nun prato a mezcla da tixola e un ovo adobado enriba.

Xa vedes, un prato moi sinxelo feito con verduras e hortalizas que podes atopar na Praza da Verdura de Vilagarcía de Arousa.

¿Ten boa pinta? Anímate e reserva unha das nosas cestas

Cargando…
  • Productos de Temporada

    Dende a “Asociación de Vendedores de Productos Hortícolas da Praza da Verdura de Vilagarcía” estamos elaborando e diseñando cestas. Estas cestas conterán productos de temporada frescos que poderás reservar pola páxina web de forma sinxela e que recolles o seguinte día hábil que abra a Praza da Verdura de Vilagarcía. Moi pronto poderás comprar as […]